Redacción Galiza

O Bloque Nacionalista Galego considera “inconcibible” que  a día de hoxe e nunha suposta democracia “se conserven se manteñan os títulos nobiliarios, privilexios e as prebendas das que goza a familia Franco e que o BOE publique a tramitación da concesión do titulo do ducado de Franco á súa familia”, como denuncia o parlamentario e experto en Memoria histórica, Luís Bará.

Décadas despois da Transición a familia do ditador segue gozando dos títulos do señorío de Meirás e do ducado de Franco e isto pon de manifesto a conivencia, a complicidade e a impunidade da que aínda goza o Franquismo nos tempos actuais”, resaltou Bará, quen avanza que o Bloque presentará iniciativas no Parlamento para que a Cámara galega fixe posición en contra de semellante disparate democrático.

O BNG oponse radicalmente a esta proposta de renovación e concesión deste título nobiliario e imos levar a cabo as iniciativas parlamentarias necesarias para que a Cámara galega teña un posicionamento claro e contundente ante esta nova afronta á democracia, ante esta nova ofensa ás vítimas do Franquismo e ante este novo exemplo de complicidade do Goberno do PP, do Estado e da Xunta coa familia Franco”, concluíu.

Deja un comentario