BNG | Redacción Galiza

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará instou hoxe á Xunta de Galiza a  solicitar a mediación e  arbitraxe do Consello Galego de Relación Laborais na negociación entre a Xunta de Galiza e o comité de folga do persoal da administración da xustiza, tras 77 días de folga.

O deptuado acusou a Núñez Fijóo e a Allfonso Rueda de “marrulleiros” e mal exemplo da xestión do conflicto da xustiza no que ambos, explicou fixeron “grandes esforzos para evitar un acordo actuando de maneira macarra e cunha actitude máis propia de hooligáns que de responsables públicos”. Mesmo chegaron a “filtrar” datos e documentos persoais de membros do Comité de folga.

Bará cargou contra o presidente e o vicepresidente da Xunta por “ameazar” e “chantaxear” ao Comité de empresa para que abandoaran a folga a cambio de negociar unha solución. O dereito á folga, recalcou o nacionalista, ampara á clase traballadora e representa un arma para conquistar dereitos laborais e salariais que foron roubados mediante a escusa da crise e que poden  representar perdas económicas de  entre tres mil e dez mil euros para os traballadores e traballadoras.

O Partido popular, Feixóo e Rueda plantexaron a negociación coma “un pulso que había que gañar” como laboratorio cara ás reivindicacións pendentes doutros colectivos da administración galega, apostilou o deputado. “Vostedes pecharon todas as portas e son responsables da folga indefinida”. O persoal de xustiza está a defender unha causa xusta e o enquistamento do conflicto ten a ver coa “chulería,  prepotencia e provocación” do Goberno galego pero sobre todo do presidente e vicepresidente da Xunta. En vez de tender pontes, ”dinamitaron” calquera tipo de acordo, primeiro negándose a recibir á representación sindical e depois acusando ao colectivo de “egoístas e insolidaridade”. Ademais de manipular os datos para incumprir o acordo parlamentario e boicotear a mediación externa para “romper a folga”,e ngadiu.

O deputado do BNG manifestou que, a día de hoxe, a folga mantense viva e con graves consecuencias para os traballadores e traballadoras  polo que volveu solicitar a mediación do Consello galego de Relacións laborais nun momento de certa proximidad entre a Xunta e o Comité de folga. É necesario polo tanto  chegar a un “acordo honroso” e satisfactorio para o persoal de xustiza.

Trala intervención do portavoz popular, Jacobo Moreiras que rexeitou a mediación do Consello galego de Relacións laborais como reclamaba o BNG, o deputado nacionalsita asegurou que o Partido popular cae permanentemente na contradacción ao afirmar que a última proposta da Xunta do pasado 18 de abril cumpria co acordo parlamentario pero utilizan o mesmo argumento para todas as ofertas a pesar de defender unha proposta que significaba a cuarta parte da última orfertada. A realidade, afirmou, é que se “a Xunta aumentou a súa oferta foi producto da loita e unha conquista gañada a pulso polo persoal da Xustiza mantendo unha folga masiva e exemplar”.

Con respecto ao Consello galego de Relacións laborais, Bará asegurou que a lei é clara no sentido de  promover e facilitar a mediación nos conflictos laborais por petición das partes interesadas,   “o Comité de folga xa o soliticou reiteradamente e só falta que o pida a Xunta” porque o Consello Galego de Relacións Laborais está capacitado para efectuar propostas nos conflictos de ampla repercusión na comunidade autónoma.

O deputado do BNG rexeitou unha emenda do Partido popular por considerar que o Parlamento non é quen para dicirlle ao comite de folga que debe facer unha consulta, esa, dixo, é unha decisión exclusivamente do propio comité. Bará reiterou a petición para que o Consello de Relacións laborais medie no conflicto da Xustiza, respetar o acordo unánime do Parlamento do 19 de decebro de 2017 e  manter o diálogo permanente co Comité de Folga ata o establecemento do servizo.

A proposta do BNG foi rexeitada cos votos en contra do Partido popular.

Deja un comentario