O voceiro de En Marea, Luís Villares, lamentou que o “Partido Popular unha vez máis entre elixir á xente e aos seus amigos volve a elixir aos amigos”. Esta elección queda en evidencia na Lei de Acompañamentos dos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano que o Goberno galego volve a usar para aprobar “pola porta de atrás” cuestións fundamentais que son inasumibles desde o punto de vista social e que saben tería un custe electoral para o PP”. “O PP é refén dos lobbies do ladrillo, forestal e sanitario e por este motivo empregan este mecanismo para introducir estas cuestións nos orzamentos galegos” afirmou Villares.

O voceiro de En Marea denunciou así a introdución de tres cuestións fundamentais a través desta Lei como é a modificación das clases de pediatra no sistema sanitario público, a privatización da expropiación, e a entrega dos montes veciñais a empresas forestais. Tres temas que merecerían un debate autónomo e que evidencian “a covardía política do Partido Popular e Feijóo que elude debate social imprescindible”.

Así no relativo á nova figura de pediatra con mobilidade, o voceiro de En Marea asegurou que con esta modificación comprométese a continuidade asistencial tan importante no caso da atención aos máis pequenos. Villares criticou tamén que se supediten a necesidade de pediatras no ámbito dos hospitais derivando todo a estes centros o que foi valorado como “inaceptable”. “Non estamos a falar dunha torpeza política senón da intención do PP de deteriorar o sistema público en beneficio da privada” afirmou Villares. Neste tema,o grupo de En Marea fai un chamamento ao goberno galego a convocar máis prazas de pediatría para arranxar os continuos problemas que se están dar no sistema sanitario público nesta especialidade.

O segundo dos temas incluídos na Lei de Acompañamento é relativa á Lei de montes de Galicia coa redución dos prazos de actuación en determinadas masas arbóreas e a relaxación dos requisitos para retirar madeira queimada o que abre a porta a sospeitas de utilidade de determinada queima. En relación expropiacións, Villares asegurou que non se pode permitir que pola vía do acompañamento abrase a vía modificación dun sistema expropiatorio totalmente privatizado con afán de urbanización para determinadas empresas.

Finalmente, referiuse a unha figura concreta como son os montes veciñais en man común que asegurou “atácanse unha vez máis e por terceiro ano consecutivo”. Unha figura que serve fundamentalmente para atender comunidades de propietarios unha desapoderación e permite a entrega a empresas privadas de costas aos intereses da comunidade e burlar una figura tan recoñecida como a dos montes veciñais.

Estas modificacións introducidas polo Partido Popular na Lei de Acompañamentos buscan evitar o debate como insistiu en denunciar o voceiro de En Marea que lembrou que o Tribunal Constitucional recoñeceu que aínda que era una técnica legal, non era apropiada para introducir debates de fondo calado social, unha recomendación que a Xunta de Galicia continúa a obviar un ano máis coa presentación dos orzamentos galegos para o vindeiro ano.

DEJA UNA RESPUESTA