Maite Ferreiro: “As persoas que traballan como autónomas precisan un cambio na política fiscal e de seguridade social”

A candidata por Lugo ao congreso de BNG, Maite Ferreiro, explicou as medidas de apoio ao comercio local e ás persoas autoempregadas, sector vital pola súa capacidade para xerar emprego, pero tamén pola capacidade para articular a vida dos barrios, nas parroquias e no país. “Non ten sentido nin é xusto que sigan existindo persoas que traballan como falsas autónomas engordando as contas de resultados das grandes empresas”, alegou Ferreiro e, para os autónomos e autónomas habituais no comercio local, propón suprimir a taxa fixa mínima de 300 euros mensuais de impostos para que pasen a tributar en función dos seus ingresos.

Entre as medidas concretas do BNG, reducir impostos ao pequeno comercio e pasar do 25 ao 10% o Imposto de sociedades para todas as empresas con menos de cinco traballadores e cunha facturación inferior aos 2 millóns de euros anuais. “As grandes empresas e multinacionais en cambio, pagan porcentaxes ínfimos moi inferiores ao 25% usando mecanismos de evasión como as SICAVS, que propoñemos suprimir”, explica a candidata. O BNG centrou en Lugo a súa xornada de campaña no centro da cidade de Lugo no día do libro onde se fixo un reparto informativo con militantes e simpatizantes.

O BNG propón modificar a lei de comercio aprobada polo PP, que liberaliza os horarios comerciais. Acabar coa “barra libre” dos horarios comerciais que pon en perigo o comercio de proximidade e empeora as condicións de traballo, concluíu Maite Ferreiro. Igualmente, medidas para favorecer o acceso ao crédito do pequeno comercio que ten dificultades para financiarse, -”sobre todo despois de que nos quedásemos sen caixas de aforro galegas”-. Neste sentido, o BNG propón liñas de avais públicas que se xestione a través do IGAPE ou entidades similares que faciliten o acceso ao crédito en boas condicións.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

1 Comentario

  1. Up propone bajada d impuestos IVA-familiar bajar y el irpf a pymes + d lo qe dice C$
    ademas creditos emprendedores y coop rurales pa qe eviten intyermediarios qe les roban

Deja un comentario