O grupo parlamentario En Marea tivo coñecemento da proposta para relevar no cargo a Milagros Otero como Valedora do Pobo, Maria Dolores Fernández Galiño, media hora antes ca os medios de comunicación. «Non houbo negociación, nin debate, nin conversas», cuestionou duramente Manuel Lago na rolda posterior a Xunta de Voceiros no Parlamento de Galicia este venres. «Non se deu ningún intento por parte do grupo parlamentario maioritario para que fora posible un consenso do conxunto do Parlamento de Galicia na elección dun cargo tan relevante como é a Valedora do Pobo e isto parécenos moi mal».

Manuel Lago durante a rolda de prensa / GP En Marea

«Levamos tres anos de historia negra da Valeduría do Pobo, a institución está hoxe nunha crise reputacional sen precedentes na historia democrática do noso país», sinalou Lago , para quen «facer isto ás presas e sen consenso significa tropezar por dúas veces na mesma pedra, pois a forma de elixir o cargo determina a forma de traballo da institución, non pode ser que a Valedora lle deba o seu cargo a un partido político e polo tanto non entenda que o se cargo se debe non a pobo, senón a unha formación política».

Para o GP En Marea «aí está o pecado orixinal que explica o desastre que foron estes tres anos» e en referencia á proposta de Fernández Galiño «esta persoa non é elixida polo conxunto do Parlamento, non representa a soberanía popular, representa a un grupo parlamentario». A maiores, para Manuel Lago «o PP chegou a un acordo de reparto de cargos co PSOE, reeditanto o bipartidismo que hai tres anos elixiu a anterior Valedora, repartíndose os cargos dun xeito intolerable».

Lago fixo unha chamada ao consenso, «que se abra un proceso de conversas e negociacións para atopar outra candidatura, hai persoas no noso país con méritos para desempeñar o cargo» e cuestionou o traballo de Milagros Otero estes anos, «que se olvidou de defender a cidadanía diante do goberno para defender o goberno diante da cidadanía». E avanzou que «a candidata do PP pactado co bipartidismo do PSOE non vai ter o apoio do noso grupo parlamentario».

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario