Galiza

Marea Atlántica clama restauración na Deputación da Coruña e gaña para a veciñanza a primeira batalla contra o novo proxecto da mina de Touro

O ente provincial aprobou a moción presentada pola plataforma municipalista a prol da rexeneración de aguas e solos contaminados pola mina de cobre de Touro e contra a reapertura da antiga explotación como actualmente pretenden Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas a través da súa filial Cobre San Rafael.

O PP foi o único grupo provincial que non votou a favor da recuperación de augas e solos contaminados pola mina de Touro / Deputación da Coruña

Todos os grupos agás o PP -que se abstivo- votaron o primeiro de outubro a favor das medidas para recuperar a zona, que segue cun elevado grao de contaminación máis de tres décadas despois do peche da operación mineira.

Estamos ante un claro exemplo de malas prácticas e explotación descontrolada dos recursos naturais, cunha pegada que permanece despois de tres décadas, ante a deixadez da Xunta de Galicia” -declarou o voceiro provincial da Marea Atlántica Alberto Lema- que foi o encargado de presentar a iniciativa na Cámara provincial.

Nunha visita realizada o 16 de setembro, o responsable político, acompañado do portavoz nacional de Anova Antón Sánchez, puideron comprobar de primeira man o lamentable estado das canles fluvias afectadas pola contaminación do antigo proxecto de minería metálica, coñecendo persoalmente algunhas das áreas máis afectadas pola contaminación, constantando que este grave problema está a afectar en primeiro termo a bacia do Ulla e finalmente á ría de Arousa, na que miles de familias dependen do marisqueo, da pesca e do turismo.

O voceiro provincial Alberto Lema comprobando in situ os efectos da contaminación mineira en Touro / Marea Atlántica

Para Lema, ademáis, o uso actual dos terreos para o tratamento de lodos de depuradora por parte da empresa TEN (Tratamientos Ecológicos del Noroeste) «só contribuiu a empeorar a situación» agravándose o caso «pola mala planificación urbanística», xa que sobre as escorreduras da antiga mina e escasos metros dunha paraxe con altos niveis de contaminación, é posible atopar hoxe, entre outras infraestruturas dotacionais públicas unha escola infantil e un centro para a terceira idade.

GARANTIR A SAÚDE AMBIENTAL

A moción aprobada no Pleno da Deputación provincial insta ao Goberno galego e aos concellos de Touro e O Pino a realizar os traballos de inspección necesarios para avaliar o estado das augas e terreos afectados polas escorreduras da antiga mina facendo cantas intervencións sexan necesarias para garantir a súa salubridade, esixindo igualmente á actual propietaria dos terreos da antiga mina, Explotaciones Gallegas, S.L., que asuma as súas responsabilidades en materia de restauración e poña fin as verteduras contaminantes.

Para Marea Atlántica, a mina de Touro simboliza o modelo que defende o PP, «baseado en venderlle os recursos naturais a empresas multinacionais que esnaquizan o territorio».

 

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Trabajando por los derechos humanos

No solemos hablar sobre nuestro propio trabajo porque pensamos que hay muchos otros temas sobre…

3 horas hace

El IPC alcanza en junio su nivel más alto desde 1985

La subida de precios bate nuevo récord y supera el pico registrado el pasado marzo,…

11 horas hace

Ortega Smith entra en cólera al ver que Más Madrid coloca banderines arcoíris en sus escaños del Pleno

El portavoz de Vox en el Ayuntamiento de Madrid ha reaccionado desplegando una bandera de…

12 horas hace

¿Cómo serán las residencias de mayores a partir de ahora?

Según el nuevo modelo, las residencias deberán funcionar de la forma más parecida a un…

12 horas hace

«El fascismo no necesita ganar para ganar»: Sánchez utiliza los mismos argumentos que Abascal contra la migración

A través de redes sociales se ha difundido un vídeo en el que se compara…

13 horas hace

La distopía norteamericana: «Si abortas en Alabama puedes tener más pena que el tipo que te violó»:

El Estado de Alabama es uno de los más restrictivos en materia de aborto.

13 horas hace