Categorías: Galiza

Marea Atlántica volve levar ao Pleno da Deputación coruñesa a dramática situación ambiental provocada pola contaminación da mina de Touro

A formación coruñesa demandará no próximo encontro provincial a rexeneración urxente do embalsamento de lodos tóxicos do Lugar do Portaguzo, considerado como o sitio impactado pola actividade mineira máis contaminado de Galiza.

Lugar do Portaguzo, no tramo medio do río Portapego / Cornado Mina Non

A paraxe, situada no tramo medio do río Portapego, sitúase a escasa distancia da capital municipal de Touro, Fonte Díaz, e creouse logo da acumulación durante décadas de lodos de sedimentación procedentes da falta de control e restauración sobre a antiga mina de cobre de Touro.

Segundo denuncia Marea Atlántica, esta zona, ademáis, non está incluida no plan de drenaxe presentado o pasado 30 de setembro pola empresa Explotaciones Gallegas S.L., o que demostra que a presunta proposta de restauración ambiental de augas non é máis que unha manobra por parte da mercantil que non comprende a restitución ao seu estado natural da zona máis afectada.

Como denuncia Alberto Lema, voceiro provincial da Marea Atlántica, “este proxecto é só unha cortina de fume, un anuncio que pretende calar as protestas da veciñanza, pero que resulta insuficiente para rexenerar a zona afectada pola mina tras 30 anos de abandono”. E engade que “parece responder máis ás tentativas de reabrir a mina, por parte das empresas Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas, que a unha verdadeira intención de sanear o río Portapego, afluente do Ulla”. Esta moción dálle continuidade á iniciativa que xa presentamos na Deputación o 1 de outubro, tras visitar a zona en setembro, e que resultou aprobada pola maioría da Cámara provincial.

Alberto Lema puido comprobar de primera man o lamentable estado das canles fluviais da contorna da mina de Touro / Marea Atlántica

Marea Atlántica recorda no seu comunicado que un informe de novembro de 2017 da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) «deixa ben claro os riscos e o impacto ambiental que tería o regreso da actividade mineira a Touro e O Pino», Por este motivo, a formación volve recordalle á empresa Explotaciones Gallegas e ao Goberno galego «que asuman a súa responsabilidade e rexeneren os terreos e regos fluviais afectados pola actividade mineira en varios quilómetros á redonda, con especial atención á perigosa balsa do Portaguzo».

TRES DÉCADAS DE CONTAMINACIÓN POR METAIS PESADOS

A mina de Touro foi unha explotación a ceo aberto de máis de 600 hectáreas de extensión, que permaneceu activa de 1970 a 1988 para a extracción de cobre pechándose sen ningún tipo de protección ambiental e deixando expostas grandes entulleiras con elevados niveis de metais pesados.

Para Marea Atlántica, «á vista están as consecuencias deste modelo que defende o PP, baseado en venderlle os recursos naturais a empresas multinacionais que esnaquizan o territorio» razón pola cal agarda que a proposta, novamente, conte co apoio maioritario dos grupos da Deputación coruñesa.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Una investigación expone cómo Trump usará todos sus recursos para manipular los resultados de las elecciones

Una investigación revela presiones federales, acceso a datos sensibles y sospechas de exclusión masiva de…

2 semanas hace

Guerra civil: Silicon Valley se rompe por la IA militar mientras el Pentágono aprieta el acelerador

Ingenieros, directivos y empresas chocan por los límites éticos de una tecnología que ya marca…

2 semanas hace

NACIONAL | Alaska, Eurovisión y propaganda: por qué España ha hecho lo correcto al marcharse

No es un festival de música cuando se normaliza la guerra: es un escaparate blanqueado…

2 semanas hace

NACIONAL | ¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica su futuro judicial

¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica…

2 semanas hace

España exige a Israel la liberación inmediata del activista hispano-palestino Saif Abukeshek

La detención del activista en aguas internacionales convierte la ayuda humanitaria a Gaza en un…

2 semanas hace

NACIONAL | Pujol: la justicia que llega tarde y se va antes

Doce años de investigación terminan sin juicio y con demasiadas preguntas sin responder Ni absolución…

2 semanas hace