Categorías: Uncategorized

Mariló Candedo incorpórase ao Grupo Parlamentario de En Marea: “É unha honra inmensa e unha gran responsabilidade”

A nova deputada afirma que sinte un enorme respecto polo traballo institucional e que traballará para mellorar o sistema educativo galego.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e Mariló Candedo, que tomará posesión da súa acta a semana que vén, compareceron ante os medios para anunciar a futura incorporación da profesora da Universidade da Coruña ao grupo parlamentario de En Marea.

Antes de comezar, Luís Villares, condenou unha vez máis o terribe asasinato machista da tarde do sábado na Pastoriza. O voceiro lembrou “a necesidade de seguir loitando implacablemente para que o patriarcado e contra o machismo estrutural e transversal, sexa mais pronto que tarde un mal recordo do pasado. Mentres isto non se produza é necesario seguir poñendo todos os medios posibles, recursos humanos e materiais, para combater o machismo, comezando pola escola porque esta é unha batalla cultural”

Villares tamén solicitou a disposición dos recursos para a detección da violencia machista “para poder sacar as mulleres dun entorno de carácter económico e social que lles impide saír desa situación de violencia”, e  que no discurso político “haxa unanimidade na loita contra o heteropatriarcado na nosa sociedade e que a extrema dereita non considera un problema, negando a súa influencia”.

Despois da condena chegou o turno para a nova compañeira no grupo En Marea no Parlamento Galego, á que o voceiro presentou como unha compañeira e  unha amiga cunha traxectoria curricular, académica e de compromiso social que a converte nunha referente indispensable en Galicia: “Mariló é unha grande coñecedora do sistema educativo do noso país, especialmente do ensino superior na universidade onde ten tomado responsabilidades de goberno”.

A entrada de Mariló suma unha nova deputada a un grupo de catro, co que, por traxectoria, por respaldo dunha organización política e por número de deputados merece a consideración de grupo parlamentario propio: “Somos sabedores de que somos un grupo político con respaldo dunha organización merecemos esta consideracións e así o solicitaremos coa incorporación de Mariló, comezando pola revisión do número de iniciativas que corresponde presentar na cámara autonómica galega”.

Pola súa banda, Mariló Candedo, recoñeceu como “unha honra inmensa chegar a representar a En Marea no Parlamento de Galicia” despois de traballar moito na definición do programa, especialmente no tocante a universidade e as políticas sociais, algo que asume con “enorme responsabilidade porque teño un gran respecto polo traballo institucional”.

A futura deputada manifestou que non tiña ningunha procedencia anterior a En Marea en outras organizacións políticas e que decidiu incorporarse para defender, algo que xa facía nos movementos sociais, o dereito á educación: persoas que tiñamos o compromiso deberiamos dar un paso para impulsar os cambios necesarios desde o lexislativo”

Mariló falou dos retos que ten por diante no que queda de lexislatura en materia educativa, como o proxecto de Universidade Privada en Galicia, o plan de financiamento das universidades, ou a posibilidade de derrogación da LOMCE por parte do goberno central; e no ámbito das políticas sociais, onde “hai moitos elementos nos que pode ser de utilidade contar con persoas que teñamos analizado este tipo de problemáticas”.

Asemade, tamén lembrou que non traballará unicamente nos temas da súa referencia, senón que colaborará no día a día do grupo parlamentario de En Marea e que ante a futura baixa por maternidade de Paula Verao, asumirá gran parte do seu traballo.

Let’s block ads! (Why?)

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

3 meses hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

4 meses hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

4 meses hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

4 meses hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

4 meses hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

4 meses hace