O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas recorda no seu videoblogue en redes sociais que aínda que se trata de «momentos excepcionais» a lealdade institucional «non se debe confundir coa submisión».
Martño Noriega agradece ao conxunto dos traballadores e traballadoras, así como a toda a cidadanía o seu compromiso para intentar frear o Covid-19 «nun momento complicado», pero ao mesmo tempo formula unha serie de dúbidas sobre a resposta institucional que o Goberno do PP de Alberto Núñez Feijóo está a dar ante a grave crise provocada pola pandemia.
MATERIAL SANITARIO
Pregúntase, en primeiro lugar, «como é posible que tendo as competencias delegadas de Sanidade» o presidente da Xunta diga que «non ten material suficiente» para garantir a seguridade de traballadores, traballadoras e doentes para «en paralelo, despois de culpabilizar ao Goberno central, ceda o material que di non ter á Comunidade de Madrid» cando a nivel galego «é absolutamente necesario».
INTERVENCIÓN DA SANIDADE PRIVADA
Na mesma liña inquire Noriega sobre a posibilidade de intervir a sanidade privada ao ter a Xunta as competencias delegadas da materia e sen embargo se esté a apostar por «modelos IFEMA» para implantar hospitais de campaña coma no caso do multiusos de Sar en Santiago de Compostela mentres os centros privados deseñan «ERTES encubertos» para o seu persoal.
SITUACIÓN DAS RESIDENCIAS
Finalmente, o representante de Galicia en Común-Anova-Mareas pregúntase como pode ser que o Goberno galego non interveña «nas residencias públicas pseudoprivatizadas e concertadas de maiores no conxunto do país» dada a «dramática situación» que se está a vivir nelas e se lle oferte a seguridade necesaria tanto ás plantillas como á poboación de maiores dependente destas instalacións.
«Esas son as dúbidas, senón queredes chamarlle denuncias. Como é posible iso, Sr. Feijóo?» -remata Martiño Noriega-.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…