As demoras intolerables na realización dos TACs de control que requiren os pacientes con cancro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense estanse levando a cabo con dous ou tres meses de retraso con respecto ao que prescriben os oncólogos.
A deputada socialista ourensana Noela Blanco explicou nun almorzo informativo, “os TACs permiten medir a evolución da enfermidade”, polo que constitúen “a base dos tratamentos”. Neste contexto, apuntou que o ano pasado os pacientes con cancro do CHUO rexistraron “máis de 150 reclamacións” a causa dos retrasos, e que xa van máis de medio centenar no que vai de 2018.
Dado que no centro hospitalario atribúen esta situación á falta de especialistas e derivan a moitos pacientes á privada, Noela Blanco urxiu á Xunta que dispoña “máis medios”. E é que, sumadas ás dificultades para o seguimento da patoloxía, as demoras “supoñen un estrés e un sufrimento adicional para os doentes”.
“Só un goberno sen alma pode permitir unha situación que carrexa consecuencias tan graves coma estas«, alertou a deputada do PSdeG, ao tempo que anunciou iniciativas parlamentarias coas que reclamará que “non se excedan os tempos de espera recomendados” para estas probas e que “se publiquen os datos das agardas”.
El presidente de Estados Unidos recupera el lenguaje de la intervención armada y la coerción…
Cuando un Gobierno presume de cifras mientras normaliza la exclusión, el problema ya no es…
Cuatro directivos alertaron de una “vulneración de derechos” y la respuesta fue el despido fulminante.…
El expresidente francés vuelve al centro del escándalo judicial mientras el relato de la impunidad…
Un regreso que abre heridas y desvela un sistema que protege más al acusado que…
En el PP todo el mundo sabe qué ocurre cuando alguien cuestiona el poder sanitario…