Categorías: Galiza

Mina de Touro | A veciñanza cuestiona a independencia do informe «Ambarulla» e considera que Felipe Macías é unha das claves para entender a partipación do CSIC en investigacións que apoian os intereses de Cobre San Rafael

En 2018 o que fora catedrático de Edafoloxía na Universidade de Santiago de Compostela recibiu o premio «Dioxina» por parte da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) polo seu apoio «a proxectos tan delirantes e agresivos» como o proxecto de Atalaya Mining na Comarca de Arzúa, no que chegou a propoñer «un parque temático de organismo extremófilos» nos ríos contaminados pola antiga explotación extractiva.

Felipe Macías en un acto público da USC.

A día de hoxe as actuacións de Felipe Macías Vázquez tamén levantan sospeitas na veciñanza de Touro e O Pino, que ven de denunciar a «utilización» do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC a favor dos intereses de Cobre San Rafael na mina de Touro.

Neste sentido, a Plataforma veciñal Cornado Mina Non considera viciado de orixe o informe “Ambarulla”, emitido polo Instituto de Investigacións Mariñas e esixe unha aclaración pública de si Ricardo Prego Reboredo, xefe do grupo de Bioxeoquímica Mariña da entidade, ten algunha relación contractual coa filial de Atalaya Mining en Galicia e cal é a súa vinculación con Felipe Macías tendo en conta o apoio do exdocente ao proxecto da mineira ao traballar de asesor da empresa.

Cornado Mina Non recorda que o informe “Ambarulla”, do que «apenas se coñecen máis datos que os publicados de maneira interesada pola mineira en medios de comunicación subvencionados con publicidade», abribúe a contaminación do esteiro do Ulla a verteduras industriais procedentes da zona de influencia de Padrón, Catoira ou Compostela á vez que descarta e/ou minimiza que a súa orixe poda ter relación coa actividade da mina de Touro, cando a realidade para o colectivo veciñal é que «as drenaxes ácidas procedentes da antiga mina de cobre tiveron un efecto devastador sobre ducias de quilómetros de ríos e regos do sistema do Ulla afectando directamente á súa bacia fluvial«.

Ducias de quilómetros de ríos e regos sofren a día de hoxe as consecuencias da actividade mineira en Touro / Cornado Mina Non

Para a plataforma chama á atención que Macías, exprofesor de Química Agrícola da Universidade de Santiago coñecido pola súa vinculación coa empresa Tratamientos Ecológicos del Noroeste (TEN S.L.) e o seu apoio permanente á mina de Touro como asesor de Cobre San Rafael, apareza relacionado con Ricardo Prego en certas investigacións sobre metais pesados en cultivos mariños.

Segunda explica a entidade TEN S.L. está relacionada co grupo de Explotaciones Gallegas, actual propietaria dos terreos da mina e «nun pleno extraordinario celebrado no Concello de Touro no pasado mes de novembro sóubose que esta mercantil operou sen licenza de actividade coñecida entre os anos 2005 e 2011 pese ás continuas queixas veciñais polos cheiros nauseabundos procedentes do procesado de residuos».

Por estes motivos, o grupo veciñal considera fundamental aclarar si o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), dependente dunha axencia estatal financiada con fondos públicos como o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), «está a ser utilizado a favor do proxecto da mercantil Cobre San Rafael na mina de Touro e que se depuren responsabilidades en aras de evitar calquera caso potencial de conflito de intereses».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

La Xunta de Galicia promociona el destino turístico Starlight Costa da Morte al tiempo que fomenta la contaminación luminosa de su horizonte nocturno promoviendo parques eólicos

La Asociación Salvemos Cabana denuncia la contradicción entre el discurso institucional del Gobierno autonómico, que…

4 días hace

‘No Kings’, 8 millones en la calle y el relato del New York Times que intenta borrarlos

Cuando la mayor protesta de la historia reciente se convierte en “duda” para proteger al…

5 días hace

Europa frente a la ultraderecha: retrocesos puntuales, una amenaza estructural que sigue intacta

Las derrotas recientes no frenan el avance de un proyecto reaccionario que ya controla cerca…

5 días hace

El indulto a las 6 de La Suiza llega tarde: cuando hacer sindicalismo se convierte en delito

El Gobierno corrige una injusticia que nunca debió existir mientras el aparato judicial sigue criminalizando…

5 días hace

De “Gran Israel” a “Gran Norteamérica”: la misma lógica colonial reciclada en pleno siglo XXI

Trump, Netanyahu y el delirio imperial: cuando la geopolítica vuelve a hablar de imperios La…

5 días hace

Israel abre la puerta a la pena de muerte selectiva: castigo legal para unos, impunidad estructural para otros

Una ley aprobada el 30 de marzo consolida un sistema jurídico dual denunciado como apartheid…

5 días hace