Categorías: Galiza

Mina de Touro | As manobras de propaganda de Cobre San Rafael poñen en cuestión o papel do INTECMAR como entidade pública

A veciñanza de Touro e O Pino considera imprescindible aclarar si este organismo dependente da Consellería do Mar está a recibir fondos da promotora da mina de Touro.

O INTECMAR é un organismo de control de augas e organismos mariños dependente da Consellería do Mar da Xunta de Galicia / turismo.gal

Neste senso, Cornado Mina Non reclama á Xunta unha investigación co fin de determinar se o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia está a ser utilizado a prol dos intereses comerciais da mercantil Cobre San Rafael e si existe participación económica «directa ou indirecta» da mineira nas súas actividades.

A plataforma veciñal recorda que o INTECMAR é un ente de dereito público adscrito á Consellería do Mar, creado segundo o artigo 1.4 da Lei 3/2001, que ten a potestade administrativa de aplicación da normativa sobre calidade de augas e organismos mariños que por definición «ten a obriga de actuar a favor do interés xeral da poboación, non dunha multinacional privada como Atalaya Mining e os seus accionistas».

En datas recentes Cobre San Rafael, como filial de Explotaciones Gallegas e Atalaya Mining, anunciaba o investimento de 25.000 euros nunha “sonda multiparamétrica” para medir os parámetros da calidade das augas do Ulla que chegan á ría de Arousa, algo que entra dentro das competencias directas tanto da Entidade Pública de Augas de Galicia como do propio INTECMAR en colaboración co Instituto Español de Oceanografía, que dispón dunha serie de estaciones configuradas a través de batisondas multiparamétricas CTD equipadas con sensores que miden diferentes variables (temperatura, salinidade, pH, osíxeno, etc.) e están distribuidas de tal xeito que dan cobertura as principais zonas de produción en Cabío, Cabo de Cruz, Rianxo, Xidoiros, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, O Grove, Meloxo, Aguiño e Canal Central.

Nestas circunstancias, a entidade veciñal alerta da reunión mantida en febreiro entre Covadonga Salgado Blanco, directora do INTECMAR e o representante de Cobre San Rafael Constantino Penedo Ferreiro que contou entre outros coa asistencia do presidente de Parquistas de Carril OPP89 José Luis Villanueva Vicente cando en xaneiro a propia Salgado reclamara un maior investimento público en equipamento, persoal e infraestruturas diante dun grupo de representantes da Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia.

Covadonga Salgado Blanco, directora do INTECMAR, mantivo contactos en febreiro cos representantes de Cobre San Rafael / Xunta de Galicia

Asemade o grupo reflexiona sobre cal é a lexitimidade real de José Luis Villanueva para defender calquera causa alén do negocio comercial de Cobre San Rafael, xa que segundo reflicten os medios de comunicación o Consello Local da Muller denunciouno diante das consellerías de Igualdade e Mar en 2018 por acoso, discriminación, machismo e abuso de poder polas súas actuacións sobre as marisqueiras de Carril e recentemente ven de ser condenado a 18 meses de prisión por agredir e ferir de gravidade a un letrado vilagarcián.

Por estes motivos a veciñanza de Touro e O Pino considera indispensable que a Xunta de Galicia aclare se o INTECMAR está a recibir de maneira directa ou indirecta soporte económico de Cobre San Rafael ao tratarse dun organismo público «que ten a obriga de ser independiente e manterse ao marxe de calquera interés empresarial», máis cando «o proxecto da mina de Touro pode supoñer unha ameaza sen precedentes non só para a veciñanza da Comarca de Arzúa, senón para as miles de familias que dependen da actividade pesqueira e marisqueira na ría de Arousa».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

3 semanas hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

3 semanas hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

3 semanas hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

3 semanas hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

3 semanas hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

3 semanas hace