Galiza

Mina de Touro | Cornado Mina Non: «A dignidade non ten volta unha vez se perde por diñeiro. É unha vergonza para quen o fai e un pésimo exemplo para a sociedade»

A plataforma veciñal denuncia «a farsa» do proxecto de Cobre San Rafael ao facer público un convenio co presidente da asociación de Parquistas de Carril, recentemente concenado a 18 meses de prisión e máis de 61.000 euros de indemnización por darlle unha tunda a un avogado arousano.

José Luis Villanueva, presidente de Parquistas de Carril.

O colectivo lamenta a completa «falta de criterio e credibilidade» da filial de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas ao facer pública a súa relación cun personaxe como José Luis Villanueva e recorda que a compañía, ao igual que as súas empresas matrices, «non está en situación de velar pola integridade de nada, e moito menos pola saúde medioambiental da ría de Arousa» cando nin en Touro nin en Riotinto son capaces de controlar verteduras e riscos para a poboación.

A entidade recorda que o Xulgado do Penal nº2 de Pontevedra ven de condenar a Villanueva por un delito de lesións ao avogado de Vilagarcía Santiago Prego xa que, según a sentenza, emprendeuna a golpes co letrado causándolle un desprendemento de retina do que tardou en recuperarse 528 días, precisando ademáis dúas operacións cirúrxicas. A sentenza considera probado que a causa das lesións foron as puñadas do presidente da asociación de Parquistas de Carril ao abalanzarse sobre o xurista.

Por estes motivos, o tribunal ditaminou que se trata dun delito de lesións, polo que ven de sancionar ao novo aliado de Cobre San Rafael a 18 meses de cadea e unha indemnización que supera los 61.000 euros, triplicando os 22.123 solicitados pola Fiscalía.

Doutra banda son as propias mariscadoras da súa confraría -a pontevedresa de Carril da que tamén é patrón maior-, as que o denunciaron por acoso, discriminación, machismo e abuso de poder -sinalan desde Cornado Mina Non-.

Ademáis, dende a plataforma critican o respaldo público de José Venancio Salcines Cristal, que se autocalifica a si mesmo como “senior advisor” da mineira e actual exerce cargos como o de director xeral da universidade privada CESUGA ou as presidencias da Escuela de Finanzas EF Business School e o Comité de Marca Pino de Galicia a un personaxe tan controvertido como o todavía presidente de Parquistas recordando que este «non deixa de ser outro individuo que atesoura un polémico pasado» pois durante a súa etapa como concelleiro no concello coruñés de Cambre tivo que dimitir de maneira fulminante como responsable de Facenda e Comercio en 2009 tras cargar ao consistorio casi 3.000 euros en decenas de facturas entre as que se atopaban, segundo publicou no seu momento o diario La Opinión de A Coruña, xeados artesáns, consumicións en locais de ocio ou contas de supermercado no que chegou a calificarse por todos os grupos da oposición municipal como «un evidente caso de corrupción política».

«A dignidade non ten volta unha vez se perde por diñeiro. É unha vergonza para quen o fai e un pésimo exemplo para a sociedade» -manifesta o grupo en redes sociais-.

POLÉMICA TRAS POLÉMICA

Por desgraza, para Cornado, este é soporte ao que recorren ás veces este tipo de compañías «cando xa de por si a miúdo desenvolven actividades polémicas». Non en balde, detallan que Atalaya Mining no seu proxecto andaluz de Riotinto presenta un sistema de balsas mineiras considerado como o máis perigoso de Europa que acumula expedientes sancionadores, escándalos internos, altos niveis de sinistralidade laboral e numerosos incumprimentos en materia ambiental, que incluso derivaron en actuacións de oficio por parte do Ministerio Fiscal. Pola súa banda, Explotaciones Gallegas recibiu máis de 80.000 euros en multas nos últimos anos polas súas verteduras e irregularidades cometidas en relación do dominio público hidráulico.

A “FUTURA MINA DE TOURO” É UN PROXECTO CANCELADO POLA ADMINISTRACIÓN E REXEITADO A NIVEL SOCIAL

Por outra parte, Cornado Mina Non considera como «unha completa tomadura de pelo» as afirmacións en prensa da mercantil Cobre San Rafael sobre “a futura mina de Touro” cando se trata dun proxecto «rexeitado en firme pola Administración pola súa inviabilidade técnica e ambiental, poñéndose en fronte á sociedade galega» e desatando unha onda de solidariedade que trae o recordo da catástrofe do Prestige e o movemento “Nunca Máis”, que marcou un antes e un despois na loita pola protección do medio ambiente no noroeste peninsular.

REXEITAMENTO Á UTILIZACIÓN FALSARIA DO CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS (CSIC)

A plataforma denuncia, para rematar, a utilización falsaria que a mineira está a facer do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), que «nin está ao servizo dos seus intereses particulares de negocio nin actúa ás súas ordes ou mandatos como esta quere facer crer nas súas mensaxes públicas». A realidade máis clara neste senso é que «as investigacións que se veñen realizando nos últimos 30 anos sobre a calidade de augas no esteiro do Ulla e o seu sistema fluvial demostran que a mina de Touro xerou un problema acumulativo de imposible remedio a curto prazo», para o que non hai “solucións máxicas” e que «coarta e seguirá a coartar a conservación da natureza no que supón a día de hoxe o maior desastre ambiental de Galicia».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Ayuso afirma que las feministas tienen una forma de ver la vida “propia de malcriadas que aspiran a llegar solas y borrachas»

La ministra de Igualdad, Irene Montero, ha respondido a Ayuso diciendo, entre otras cosas que…

12 horas hace

Paco Marhuenda y su teoría sobre la operación de Pablo Iglesias con la monarquía: «Quería derribar la monarquía y provocar un cambio de régimen»

El periodista señaló que "a partir de ahora, Don Juan Carlos vendrá con regularidad, que…

13 horas hace

Ayuso incluye en su nuevo equipo a la responsable de la firma de la adjudicación del contrato de mascarillas que enriqueció a su hermano

La que fuera viceconsejera de Asistencia Sanitaria, Ana Dávila-Ponce, ocupará el cargo de secretaria de…

13 horas hace

Joan Baldoví: «Me da pena ver a la derecha española y a algunas personas aplaudiendo a un defraudador porque se llame Juan Carlos Borbón»

El rey emérito ha sido recibido entre vítores y aplausos a su llegada al Club…

14 horas hace

Ayuso pide el apoyo para Felipe VI, porque España «votó democráticamente una monarquía parlamentaria»

Isabel Díaz Ayuso, presidenta de la Comunidad de Madrid, intervino este viernes ante los periodistas…

14 horas hace

Negre afirma que las niñas de Burjassot están «fabricando una prueba falsa» y merecen que sus padres les peguen «una hostia»

Javier Negre continuaba la veda abierta por Cristina Seguí sobre las niñas de Burjassot.

14 horas hace