O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas alertou do riscos da Declaración de Emerxencia Cinexética que abre a caza indiscriminada do xabaril en 33 concellos galegos. Ante as consecuencias da medida nas persoas e circulación viaria, Rivas reclamou a “retirada inmediata” da medida e elaborar un Plan de xestión da especie cun censo poboacional, incidencia por comarcas e un protocolo de medidas que permitan manexar o tamaño da especie para  reducir os danos nos cultivos e tráfico.

A incompetencia e irresponsabilidade de Medio Ambiente, manifestou o deputado, fai que dende o BNG “pidamos a dimisión dos seus responsables”.

O deputado lembrou que o pasado 2 de outubro, o Diario Oficial de Galiza publicaba a declaración de Emerxencia Cinexética, unha medida, en opinión do nacionalista, “fora de lugar” e “altísimo risco” para a poboación humana porque xa non se trata de batidas cun mínimo de 8 compoñentes nin debidamente organizadas, explicou.

Con esta medida, recalcou, permítense modalidades exclusivas de caza menor que trasladadas á caza maior conlevan un alto risco para cazadores e persoas que traballan ao ar libre no rural. “Un perdigonazo manca pero unha bala pode matar”, advertiu Xosé Luís Rivas (Mini).

A irresponsabilidade da Xunta é “palmaria” pero ademais, carga de responabilidades aos Tecores cinexéticos por posibles accidentes de tráfico ocasionados por especies de caza maior e  incrementa os custes de vixilancia.

Xosé Luís Rivas salientou que a peste porcina é unha evidencia  e os danos do xabaril na agricultura representa unha ameaza para a poboación porcina. Ademais  lembrou que foi no ano 2016 cando a Xunta publicou a última orde de axudas polo danos en cultivos.

No ano 2019, “ano bielectoral” o Partido popular sae cunha nova ocorrencia, “a intensificación de batidas de caza e unha orde de axudas insultante”. Non hai Plan de Xestión da especie, nin censo por comarcas nin medidas de bioseguirdade, “só caza, caza e caza aderezada de propaganda”. Até os propios cazadores, dixo cualifican de “irresponsable” a declaración de Emerxencia Cinexética pola inseguridade.

“Rifles, balas, miras telescópicas, batidas non organizadas como marcaba a lei, esperas erráticas, diúrnas e nocturnas, modalidades propias da caza menor e individuais para presas de caza maior, gandeiros armados… Medidas todas elas de dubidosa legalidade”, custionou

Bioseguridade en risco

O deputado tamén se referiu ao movemento da carne dos exemplares cazados que relacionou co risco do movemento dos exemplares vivos e que non impiden o contaxio da  peste porcina. Porque a peste porcina “está chamando ás portas e o porcino galego ten o suficiente peso para deseñar protocolos” e anticiparse ao problema.

 

Finalmente, reiterou a necesidade de acometer novas medidas e cualificou de “política errática” a declaración de emerxencia cinexética polo que volveu a reclamar a súa retirada e a elaboración dun Plan de Xestión da especie.  

 

       

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario