Onte, 4 de abril de 2019, foi un día negro, un máis para a democracia, pois ese día o Parlamento Europeo aprobou o Regulamento do Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PePP), un Regulamento que aprobaron uns deputados que din representar ao pobo que lles votou, pero que unha vez máis quitan a ese pobo o pouco que lle queda para darllo aos bancos, compañías de seguros e fondos de investimento.
Lembraremos a data como outra reforma do Sistema de Seguridade Social por mans das coalicións de dereitas, nas que están os partidos españois PP, Ciudadanos, PNV e PDeCat, que contaron co apoio do PSOE mediante a súa abstención, xogando como sabe ao engano dos seus votantes e dos e das cidadáns.
Os deputados e deputadas do Parlamento Europeo, tiñan nas súas mans o futuro da Clase Traballadora Europea, tiñan na súa man a defensa do Sistema de Protección Público e Solidario, tiñan nas súas mans marcar liñas para levar a cabo unha estratexia que protexese e consolidase os sistemas de seguridade social, e por contra decidiron dar ao capital a maior parte das nosas cotizacións sociais, deixando así á deriva ao noso Sistema de Seguridade Social.
Os partidos da dereita española e o partido socialista foron complices do roubo de erario público que ceden de forma gratuíta a mans privadas para que especulen con el, creando así una das maiores inxustizas: os pobres financian PePP dos ricos, poñendo o diñeiro das desgravacións fiscais.
A UE o Goberno Español incumpriron a Carta de Dereitos Fundamentais da UE nos seus artigos 25 e 34.1.2, xa que con fondos privados de capitalización non se defenden os sistemas de protección social nin se combate a exclusión social nin a pobreza, senón que as agudizan, contribuirán a que aumente o fascismo, algo que se fai cada
día máis evidente.
MODEPEN levará a cabo a campaña necesaria para dar a coñecer quen é os responsables de que o noso sistema de seguridade social no seu conxunto coa UE perda 2.2 billóns de euros coa aprobación do PePP, e seguiremos nas rúas demandando políticas sociais para defender o Sistema da Seguridade Social que é o alicerce de suxeición do Estado de Benestar.
MODEPEN pedirá aos seus simpatizantes e aos cidadáns en xeral, que nin un só voto vaia a parar aos partidos responsables desta felonía.