BNG | Redacción Galiza
A portavoz parlamentaria de emprego, Montse Prado, denuncia a baixa execución dos diferentes programas de promoción de emprego nunha Galiza marcada polo desemprego, a emigración e a precariedade laboral. “Dentro dun mercado laboral desolador, a Xunta e o PP teñen a ousadía de non executar as partidas destinadas a favorecer a creación de emprego ou de modificalas á baixa”, criticou Prado.
Nunha Galiza na que o 30% da poboación non chega ao salario mínimo, quedaron sen executar en 2017 unha parte maioritaria das partidas destinadas a emprego. Por exemplo, o Programa para mellorar a cualificación do emprego quedou sen executar o 92,8%, en Formación profesional de desempregad@s, sen executar o 51,1%; no de Mellora e fomento da empregabilidade, sen gastar o 43,8%; Promoción do emprego autónomo para un mercado de traballo inclusivo, quedou no caixón o 39,7% da partida, informou a deputada nacionalista.
A esta situación hai que engadir que varias das partidas e programas de emprego se modificaron para restarlle recursos, como por exemplo o recorte de 1,5 millóns de euros na Dirección xeral de emprego e de 1,2 millóns na mellora das relacións laborais. “Teñen a ousadía de non executar todas estas partidas e facer modificacións á baixa, nin sequera usan os orzamentos para mellorar a situación laboral dos e das galegas”, salientou, pese a que a perda de poder adquisitivo foi do 12% e houbo unha caía de dez puntos na masa salarial.
Botando man dun informe elaborado pola CIG, Prado denunciou a situación de pobreza estrutural, o avance da precariedade laboral, o incremento das desigualdades e a perda de poder adquisitivo. Igualmente, fixo fincapé en que se utilizou a crise para aprobar contrarreformas laborais que rouban dereitos aos traballadores e traballadoras.
“Os datos non fan máis que empeorar e a saía da crise só incrementa as desigualdades e aumenta o colectivo de persoas que perciben menos da metade do SMI con 1.800 brutos ao ano”, alegou, mentres que os traballos máis demandados son os menos cualificadas e polo tanto os peor retribuídos, “o que da lugar a un mercado de traballo que non permite desenvolver proxectos vitais con estabilidade, en particular entre a xente moza, e a figura do e da traballadora probe é xa unha realidade consolidada”, concluíu.
Una biblioteca tomada. Una nación que criminaliza la protesta. Columbia ha vuelto a ser símbolo.…
El nacionalismo paranoico se impone al conocimiento y condena proyectos internacionales clave en salud y…
200 trabajadoras y trabajadores del hospital exigen a Osakidetza romper con Teva, la mayor farmacéutica…
Los audios de Frank Cuesta revelan un patrón de maltrato, tráfico ilegal y violencia contra…
Gates acusa al magnate de Tesla de ser responsable indirecto de miles de muertes infantiles…
La protección judicial ante la querella por fraude fiscal reabre el debate sobre la inviolabilidad,…