A Rede de plataformas pretende combater conxuntamente as agresións ao medio natural no entorno de Santiago e nas cuncas do Ulla e o Tambre.

A Rede aglutina á plataforma veciñal contra a mina de Touro-O Pino, a defensa do Sar, a loita dos afectados polo vertedoiro de Miramontes, a mobilización contra o vertedoiro de Lesta, a Plataforma en contra da instalación dunha empresa de residuos industriais na Casalonga, a preocupación pola contaminación da destilería de Rois, a repercusión nos concellos de Mesía e Frades pola actividade mineira de ERIMSA e a oposición ao megaparque eólico de Ordes.

O vindeiro luns 22 de outubro terá lugar a rolda de prensa de presentación da Rede de Plataformas de Compostela Ulla-Tambre, que centrará a súa actividade na defensa do espazo natural que conforman as cuncas dos ríos Ulla e Tambre, gravemente ameazado por diferentes proxectos empresariais que afectarían potencialmente a saúde dunha poboación que supera os 400.000 habitantes repartidos en 51 concellos.

Á Rede adhírense as diferentes plataformas que foron xurdindo nos últimos tempos na comarca de Compostela coa vocación de xuntar forzas contra a tentativa de numerosas empresas de facerse cos recursos naturais da zona botando man da desprotección que supón a nova Lei de fomento de implantación de iniciativas empresarias, o Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia e da tolerancia da administración autonómica, eludindo o control real das actividades autorizadas.

Deja un comentario