Membros de trece Asociacións fundan a Hostalería Federada Galega (HOSFEGA) que xunto a membros da Plataforma en Defensa da Hostalaría Galega participaron onte en Santiago no acto de entrega da documentación para a súa legalización e que a partir deste momento inicia a súa actividade.

En declaracións de Elena Vitoria, presidenta fundadora da entidade, HOSFEGA pretende ser o “instrumento con vocación de permanencia para a defensa do sector, cubrir un baleiro existente e que coa situación que estamos a vivir a raíz da pandemia da COVID-19 quedou en total evidencia a súa necesidade” Así mesmo, explicou que “ esta organización non substitúe o traballo da Plataforma en defensa da Hostalaría Galega, senón que complementa o mesmo e que ata o momento todos os integrantes da Federación participan activamente no traballo da Plataforma, entidade que foi creada para o momento actual de profunda crise para o sector a raíz das restricións decretadas polos gobernos de España e de Galicia”.

Así mesmo, Sergio Fernández, Vicepresidente fundador de HOSFEGA, sinalou que “ a Federación ten vontade de ser o referente tanto nas empresas de hostalería como naquelas de servizos e distribución á mesma, e ao mesmo tempo, de converterse na interlocución ampla e plural do conxunto do sector coas institucións” Fixo “ un chamamento a organizarse nas comarcas e vilas de toda Galicia e sumar esforzos na HOSFEGA” Rematou a súa intervención sinalando “a intención de poñerse de inmediato a contactar co maior número de persoas e organizacións do sector para sumar esforzos, sendo así máis eficaces na defensa dos nos intereses”.

hostalería galega

Plan de Rescate

Os directivos, sinalaron que a primeira acción que xa se levou a cabo, hoxe mesmo, foi a
petición formal dun encontro ao Presidente da Xunta de Galicia para poder intercambiar
impresións sobre o actual estado do sector , presentar o documento de traballo de Plan de
Rescate que ten elaborado a Plataforma e reiterarlle a idea de que o goberno galego promova a creación unha mesa de traballo con economistas e o sector, e que adquira o compromiso de liderar o Plan de Rescate que saia desta mesa e que garanta a supervivencia do sector.

Necesitamos tu ayuda para seguir ofreciendo Contrainformación. No queremos depender de bancos, publicidad o grandes empresas. Si te gusta lo que hacemos, invítanos a desayunar una vez al mes para que podemos seguir ofreciéndote nuestro trabajo
¿Prefieres hacer un ingreso por tu cuenta? Aquí puedes hacerlo: Triodos Bank: IBAN - ES0714910001283000114479    

DEJA UNA RESPUESTA