NARÓN POR DIANTE condena a agresión a un militante de Causa Galiza en Ferrol o pasado 7 de Marzo
NARÓN POR DIANTE condena a agresión que o pasado Xoves día 7 de marzo sufría un militante de Causa Galiza, que foi brutalmente agredido en Ferrol. Sufríu fracturas e fisuras que o levaron ao hospital.
O partido considera intolerable “a covarde agresión sufrida polo compañeiro a mans dun grupo formado por entre oito e dez individuos.”
Unha agresión salvaxe e covarde que non debe quedar impune“, indicaron nun comunicado.
André Abeledo, candicato a alcaldía de Narón por Narón por Diante, indicou que “dende NARÓN POR DIANTE apoiamos ao compañeiro agredido e tamén denunciamos este tipo de violencia política, normalmente de ultradereita, que comeza desgraciadamente a repuntar nas nosas cidades.
Abeledo entende que este tipo de violencia é froito das mensaxes de odio que chegan dende a ultradereita, “a ultradereita está a utilizar todolos medios que teñen ao seu alcance para sementar odio“.

Deja un comentario