NARÓN POR DIANTE reuniuse coa AAVV Chafaris
André Abeledo acompañado do equipo de traballo de NARÓN POR DIANTE reuniuse coa directiva da AAVV Chafaris.
Abeledo recolleu as queixas e as propostas da entidade. Quéixanse de ser a única AAVV sen local propio, unha reclamación que ten máis de 20 anos.
Da falta de mantemento no barrio, dos problemas de seguridade, da escasa iluminación, da necesidade de zonas de esparcemento realmente públicas. Aceiras inacabadas. Dun transformados soterrado xusto na zona do parque infantil.
Indican o abandono e a falta de mantemento da parada que FEVE ten na zona.
Un barrio que xa sufriu no seu momento a construción duns edificios cunha altura que os converte en mosntruos arquitectónicos a cambio de nada.
André Abeledo comprometeuse a que NARÓN POR DIANTE vai ser transparente a hora de abordar as necesidades de Narón, non haberá barrios nen parroquias esquecidas, e a inversión debe ser motivada por un orden de prioridade baseado na urxencia e na necesidade.

Deja un comentario