Néstor Rego, tras entregar as credenciais no Congreso que o acreditan como deputado electo do BNG por A Coruña, manifestou que “a actuación do BNG estará exclusivamente en función dos intereses de Galiza e reclamará no Congreso, os dereitos de Galiza como nación e a recuperación de dereitos sociais para frear a involución democrática”.

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, acompañado de persoas representativas de diversos colectivos galegos  sociais en loita, manifestou que o BNG estará no Congreso para defender que “Galiza é unha nación, ten dereito á autodeterminación e precisa soberanía para decidir sobre os seus asuntos de forma libre”.

O deputado do BNG insistiu na necesidade de poder decidir para acadar un desenvolvemento social, económico e político co fin de poder “mellorar as condicións de vida do conxunto da poboación galega e tamén para defender os dereitos sociais  e os sectores maxinados e prexudicados polas políticas económicas e sociais  que desenvolve o Estado español”.

WhatsApp Image 2019-11-19 at 11.52.22A preguntas d@s xornalistas sobre o voto do BNG á investidura de Pedro Sánchez, Néstor Rego dixo  que, tras a primeira  reunión de onte co PSOE,  o voto do BNG dependerá das cuestións que se concreten sobre a “axenda galega”.

Entre as prioridades a desenvolver nos vindeiros meses no Congreso, o deputado nacionalista anunciou que as alternativas contra a grave crise industrial galega centrarán en grande medida a súa actividade política. Neste sentido, destacou a necesidade de buscar alternativas ás empresas electrointensivas, comezando por ALCOA, o sector naval en Ferrol e Vigo, unha solución á carestía do recibo da luz  nun país que é produtor excedentario de enerxía eléctrica e por esta razón exixiremos   “unha tarifa eléctrica propia”. Por outra parte incidiremos  nas inversións en infraestruturas, a transferencia da AP-9, a rebaixa de peaxes  e actuar para recuperar dereitos sociais co fin de reverter algunhas das políticas do Partido popular como: a reforma laboral, as pensións, a lei Mordaza e a Lomce.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario