O representante do BNG no Congreso, Néstor Rego, achegouse ata Vigo para reunirse co comité de empresa de Barreras, onde lles trasladou a vontade política do Bloque Nacionalista Galego a contribuír na solución á crise de Barreras e a contribuír sobre todo, a que a nosa industria, especialmente a industria naval, poida ver garantida a continuidade da actividade, mais sobre todo, dos postos de traballo.

Vídeo Recomendado:

No recente acordo de investidura, o BNG incorporou medidas en relación co reforzo da capacidade produtiva da construción naval no noso país, tanto na ría de Ferrol como na ría de Vigo, co compromiso explícito do goberno para que houbese unha intervención pública para dar garantías de estabilidade e continuidade da actividade.

“O BNG seguirá contribuíndo para que isto siga, confírmannos que o Ministerio de Industria está traballando nisto, mais o Bloque Nacionalista Galego tamén vai seguir atento e vai seguir traballando para que se poida verificar que o estaleiro de Barreras saia da crise” afirmaba Néstor Rego na rolda de prensa.