
O colectivo indica que “e importante saber que a Xunta de Galicia subvencionou a produción desta longamentraxe e por iso, a productora está obrigada a realizar unha dobraxe da mesma ao galego mais non lle é requerida a distribución en galego na plataforma, desperdiciando así unha oportunidade única de ver a nosa lingua recoñecida neste tipo de plataformas“.
Polo tanto, e co motivo de reivindicar o día 8 de xuño, día da visibilidade lésbica galega e 117 aniversario do matrimonio desta parella de mulleres, dende Avante LGTB queren lanzar a petición de “que Netflix poña á disposición das usuarias da plataforma o filme dobrado ao galego“.
O pasado 28 de xuño, día internacional do orgullo LGTB, o colectivo relanzou a campaña con unha recollida de sinaturas na plataforma change.org. Esta petición está a ser apoiada por importantes referentes do audiovisual galego, entre elas, o grupo de teatro ‘As da Panadería’, que está de xira por Galiza interpretando unha obra en galego sobre Marcela e Elisa, con Lázaro Louzao, director de ‘Nove de Novembro’, a primeira longametraxe de temática explicitamente LGTB e enteiramente galega ou con Isa Risco, actriz gañadora dun Mestre Mateo.