Categorías: Uncategorized

Noa Presas acusa ao goberno da Xunta de carecer de modelo enerxético para Galiza

 

BNG | Redacción Galiza

A deputada do BNG, Noa Presas acusou hoxe ao conselleiro de Industria, Francisco Conde de “facer publicidade” coas directrices enerxéticas mentres o goberno galego “impide situar a Galiza na vangarda do sector”.

Trala comparecencia do titular de Industria para explicar as directrices enerxéticas de Galiza, a nacionalista asegurou que as medidas carecen de “planificación e  dun modelo propio”.

Para a deputada, as directrices no sector enerxético galego  “veñen marcadas por  Madrid que a Xunta obedece”. Neste sentido, instou  ao conselleiro   a plantarlle cara ao   goberno central  e trasladarlle que se  alguén ten que pagar ás eléctricas, “non imos ser os galegos e galegas,  terá que rascar o peto o señor Montoro porque nós non o imos facer”.

Presas explicou que recentemente o Tribunal  Supremo remitiu ás comunidades un segundo auto para facer realidade as sentenzas polas que  subirá o prezo da luz aos galegos e galegas. Vostede, recalcou,  ven  aquí hoxe falarnos  de eficiencia e sustentabilidade cando  na reforma da lei do sector eléctrico renunciaron á participación pública directa do sector, que tería evitado este problema. “ Non impugnaron o decreto” e  a pesar das moitas propostas que o BNG trouxo ao Parlamento defendendo unha tarifa eléctrica propia para pagar menos de luz, vostedes “sistematicamente votaron en contra”.

Dende o BNG, reiterou,  volvemos a pedirlle que abandone o “seu inmobilismo” e exerza a vía política para que Galiza non soporte máis custos. A nacionalista asegurou que as directrices enerxéticas presentadas hoxe por Conde “carecen de investimentos para mellorar as tecnoloxías e apostando polas renovables para camiñar cara a soberanía enerxética avanzando  no autoabastecemento e capacidade de xestión”.

Presas reclamou retomar a participación pública  “para obter beneficios a partir do control social dun sector estratéxico como o enerxético” e defendeu o dereito da electricidade para que ningún galego e galega “sufra pobreza enerxética”.

Deixe de “facer quen fan” e comprométanse a sitúar a Galiza na “vangarda do sector enerxético”. Non sigan presentando refritos de promesas xa anunciadas e poñan en riba da mesa compromisos porque levamos anos agardando a que as empresas se adapten ás comarcas e se reconvertan, entre as que destacou as  centrais das  Pontes e  Meirama.

A deputada preguntou que pensa facer a consellería ante a disposición dos orzamentos polo que o Goberno promoverá mecanismos de apoio de até 10 millóns de euros para reducir ás emisións nos territorios do Plan do Carbón do que Galiza  quedou excluída, circunstancia que cualificou de “novo agravio ao noso país”, concluíu.

Galiza

Somos a sección galega de Contrainformación.es. Actualidade, ecoloxía e opinión sobre a nosa terra.

Entradas recientes

Una investigación expone cómo Trump usará todos sus recursos para manipular los resultados de las elecciones

Una investigación revela presiones federales, acceso a datos sensibles y sospechas de exclusión masiva de…

2 semanas hace

Guerra civil: Silicon Valley se rompe por la IA militar mientras el Pentágono aprieta el acelerador

Ingenieros, directivos y empresas chocan por los límites éticos de una tecnología que ya marca…

2 semanas hace

NACIONAL | Alaska, Eurovisión y propaganda: por qué España ha hecho lo correcto al marcharse

No es un festival de música cuando se normaliza la guerra: es un escaparate blanqueado…

2 semanas hace

NACIONAL | ¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica su futuro judicial

¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica…

2 semanas hace

España exige a Israel la liberación inmediata del activista hispano-palestino Saif Abukeshek

La detención del activista en aguas internacionales convierte la ayuda humanitaria a Gaza en un…

2 semanas hace

NACIONAL | Pujol: la justicia que llega tarde y se va antes

Doce años de investigación terminan sin juicio y con demasiadas preguntas sin responder Ni absolución…

2 semanas hace