En 2017, o BNG solicitaba compromiso por parte da Xunta de Galiza ante as denuncias emanadas de asociacións veciñais, de memoria histórica e mesmo medioambientais como Adega. A propia Valedora do Pobo tíñase feito eco desta cuestión e do estado de abandono da Torre de Sande e o resto de Torres do sur da provincia de Ourense.
«Vémonos na obriga de volver a traelo ao Parlamento polo desentendemento da Xunta de Galiza e o concello de Cartelle, gobernado polo Partido Popular» sinalou a deputada do BNG. Presas sinalou a importancia de conservar a torre, construída por riba dunha rocha, o que fai máis complicada a súa construcción e da máis valor ao monumento, e a súa función era antigamente a de vixiancia. «O obxectivo é que se poida levar a cabo a valoración e interpretación conxunta das tres torres do sur de Ourense, sumando a torre de Sandiás e a da Pena» destacou.
Esta torre de Sande, en teoría, en 1949 foi declarada ben de interese cultural. «A protección queda na teoría e a Xunta de Galiza fai unha deixadez das súas funcións de novo. Dous anos despois contínua en mal estado: está cuberta de maleza e hai unha fenda na parte de abaixo ademáis de pedras derrubadas» sinalou Presas.
«Teñen a ocasión de atender un Ben de Interese Cultural, xa que están en plena campaña do Xacobeo, collendo a Lei de Patrimonio de Galiza que permite intervir neste tipo de terreos» indicou Presas. Continuou explicando que é «unha prioridade e unha oportunidade para un territorio que está en deterioro e que precisa de alternativas socioeconómicas que desenvolvan os potencias da comarca».
A Torre de Sande ten propietarios privados que diante da proposta de 2017, informaron de que non tiñan os recursos económicos necesarios pero que se prestaban a levar a cabo algún tipo de convenio coas administracións públicas. O BNG presentou tanto no Parlamento Galego coma no concello de Cartelle iniciativas para manter un diálogo cos propietarios do monumento.
«Hai un problema de falta de vontade política e de territorio. Aspiren a valorizar as torres defensivas deste territorio» sinalou. «Esta ten que ser unha prioridade polo tipo de construcción e polo territorio que precisa valorización e atracción, estamos a falar dunha intervención moi sinxela que podería ter unha repercusión moi importante para o territorio» sentenzou. Esta proposta foi votada en contra polo Partido Popular no Parlamento de Galiza unha vez máis na comisión de Patrimonio, feito que a deputada do BNG lamentou.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…