BNG | Redacción Galiza

A deputada do BNG, Noa Presas instou hoxe á Xunta de Galiza a impulsar un plan para analizar a desviación do aforro galego con medidas destinadas a súa recuperación e dirixilo  aos sectores produtivos para crear riqueza.

A parlamentaria lembrou que o crédito en Galiza está a experimentar unha intensa caída que situou en 30.983 euros dende o ano 2009. O noso país, explicou, conta  co menor volume de créditos e depósitos do Estado,  “ 19.948 millóns de euros en depósitos que non se destinan a créditos para os nosos sectores produtivos ou as economías domésticas galegas e  que emigran para investimentos noutras latitudes”.

Asemade,  lembrou que a Xunta de Galiza vén de presentar un Plan de Retorno para a mocidade do que dixo “está ben que se inspire nos títulos das propostas do BNG”   pero mellor estaría que se preocupase en como levalo a cabo porque de ter todo este potencial económico e investidor aquí,  poderiamos actuar con ambición.

Noa Presas asegurou que Galiza é, xunto con Estremadura, a comunidade onde o peso do crédito en función do seu peso poboacional sobre o conxunto do Estado é menor e o peso dos créditos a  respecto do  peso poboacional e case a metade, (0,54%).

En sentido  contrario,  Madrid, argumentou a nacionalista, ten un  peso do seu crédito no Estado que  duplica (2,09) o da súa poboación.  “14% da poboación do Estado, posúe máis da cuarta parte do crédito do Estado, o 29,2%. Galiza experimentou a  peor evolución do crédito do Estado dende o 2009 chegando ao 43,5%, polo tanto,   “o  volume de crédito na actualidade  é pouco máis da metade do que existía dende ese ano” explicou.

Esta situación, ao seu xuízo,  responde  á configuración do sistema financeiro e a  concentración bancaria  que provoca que  Galiza perda, como consecuencia  “os galegos e galegas  perdemos  e gaña moitos beneficios a grande banca”. Os datos reafirman a necesidade de deseñar medidas que favorezan o aforro galego, o incremento de créditos e máis investimento no noso país, reclamou.

Por outra parte, na comisión de economía, a parlamentaria do BNG tamén defendeu unha proposta para modificar a lei e regular unha moratoria para persoas que non poden afrontar os pagos da hipoteca e pediu a súa protección a través do Código de boas practicas bancarias.

Ambas iniciativas defendidas pola nacionalista Noa Presas foron rexeitadas polo grupo maioritario do Partido popular. A deputada lamentou o voto en contra das propostas e afirmou que, unha vez máis, o “PP defende os intereses da grande banca en lugar de defender aos galegos e galegas inmersos en procesos de desafiuzamento”.

Deja un comentario