André Abeledo candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE reuniuse xunto con Yolanda Díaz Parlamentaria de EnMarea, cos representantes das traballadoras e traballadores de POLIGAL.

Abeledo critica a actuación do GRUPO PERALADA, unha empresa dedicada tamén a montar casinos e salas de xogo, que quere tratar aos traballadores de POLIGAL como simples fichas dun taboleiro de xogo.

Tamén critica a covarde maneira en que o Conselleiro Delegado comunicou aos representantes sindicais, ao novo comité recen constituído, a decisión de que a empresa entrase en concurso de acredores, o fixo por vídeo conferencia, con premeditación e aleivosía.

O concurso de acredores ademais foi rexistrado en Barcelona un Venres, un xeito máis de complicar a resposta dos traballadores e tratar de poñer todos os obstáculos posibles a hora de que poidan defender os seus dereitos.

André Abeledo denuncia que esta actuación forma parte da estratexia de deslocalización que empresarios sen escrúpulos sen mais patria que o seu bolso, nin mais bandeira que a súa carteira, están a levar acabo para conseguir mais beneficios, e non por que teñan perdidas.

Tamén esta decisión de peche de POLIGAL tan repentina parece unha represalia a sentenza gañada polos traballadores no seu momento, que agora pola inanición da empresa, obrigou a que os traballadores pedisen  ao Xuíz a súa execución, unha execución que obrigaría a POLIGAL a inverter 6 millóns de euros para moderniza a súa planta en Narón.

Unha das probas máis claras do que décimos, e que POLIGAL inverteu 9 millóns de euros fai pouco na súa nova planta en Portugal, e agora inverteron 40 millóns de euros para abrir outra planta en Polonia.

Para colmo no seu momento POLIGAL solicitou as axudas do Plan Ferrol, que recibiron para modernizar a empresa en Narón, pero que nunca utilizaron e finalmente devolveron. Unha proba máis desta estratexia de peche.

Abeledo tamén fai fincapé en que as plantas de Narón, Portugal e Polonia, son subministradoras directas da propia empresa, pois subministran de produto soamente dentro do propio grupo, a “POLIGAL GLOBAL SERVICES”.

Polo que a empresa podería comprar por debaixo do prezo de produción para logo vender a prezo normal, e causar un desaxuste financeiro en calquera das súas plantas.

André Abeledo entende que detrás do peche atopase unha xestión desleal, unha falta de inversión que deixou a planta de Narón anticuada como estratexia de delocalización.

Lembremos que a Planta de Narón e a matriz de todo o grupo empresarial, en Narón naceu POLIGAL. E que a media de idade destes traballadores e traballadoras ronda os 50 anos, todo un drama para estas familias, falamos duns traballadores que estiveron dispostos a conxelar os seus salarios para poder sacar adiante a empresa.

Abeledo indica que en moitos países Europeos avanzados, como Alemaña, ou Francia, esta actuación empresarial non sería posíbel, posto que loxicamente teñen unha lei de antideslocalización.

Debemos esixir ao goberno do estado en función, e sobre todo a Xunta de Galicia que non esta en función aínda que non funcione, que tome medidas para evitar este abuso, e lexisle para evitar abusos futuros e que a nosa comarca e toda a Galiza terminen sendo un deserto.

André Abeledo, candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE e Voceiro de EU Narón sumouse na mañá do luns día 25 de Febreiro a marcha das traballadoras e traballadores dende POLIGAL ao Concello onde os representantes dos traballadores reuníronse cos Voceiros dos distintos grupos políticos que forman parte do consistorio.

Os representantes dos traballadores transmitirón aos Voceiros que esta deslocalización faise por intereses meramente empresariais, posto que existe un mercado a nivel mundial e europeo en crecemento. E que agora tanto o Goberno Central como a Xunta de Galicia son responsables por non ter lexislado para defender os intereses dos traballadores e datraballadoras e do noso país.

Abeledo entende necesario que todos os grupos políticos apoien a causa dos traballadores de POLIGAL, máis tamén que dende o Concello debemos esixir a Xunta de Galicia e ao Goberno Central que actúen para evitar este peche abusivo, e que lexislen para defender a industria e os empregos e non os intereses de multinacionais e especuladores.