Categorías: Uncategorized

Novo caso de manipulación mediática a prol do PP de Feijóo: Os xestores da CRTVG furtan o debate parlamentario sobre o impacto do coronavirus á cidadanía galega

Os grupos parlamentarios da oposición no Parlamento galego fan público un comunicado conxunto en protesta pola decisión da dirección da Corporación da Radio e Televisión de Galicia de non retransmitir en directo a sesión da Deputación Permanente celebrada no Parlamento o venres 3 de abril, na que se debatiu a problemática xerada pola crise do COVID-19.

No seu escrito, o PSdeG-PSOE, o Grupo Común da Esquerda, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Grupo Mixto recordan que os medios públicos teñen a responsabilidade, tanto “profesional” como “legal” de achegar á cidadanía unha información “plural”, “obxectiva” e “sempre guiada por criterios de imparcialidade, neutralidade e veracidade” e que se debe prestar “especial atención” a todos aqueles debates que se realicen na Cámara galega, tal e como se recolle na Lei de creación da CRTVG, a Lei de medios públicos audiovisuais de Galicia e no Mandato Marco da CRTVG.

ESTASE A FURTAR INFORMACIÓN Á CIDADANÍA

Para os grupos parlamentarios “resulta incomprensible que ante unha crise sanitaria sen precedentes que se ten cobrado a vida de máis de 10.000 persoas, a televisión pública que os galegos e as galegas sufragan con 100 millóns de euros cada ano furte información sobre as propostas das formacións políticas para combater a pandemia, tanto no aspecto sanitario como económico”.

Segundo denuncian, mentres este venres se estaban a debatir no parlamento medidas para afrontar a crise, “a TVG emitía un programa de cociña explicando a alaboración dunha receta culinaria, anuncios da teletenda e o resto da programación ordinaria” por decisión da dirección do ente público, “con Alfonso Sánchez Izquierdo como principal responsable”.

Para os formacións políticas “é intolerable que, mesmo no medio dunha pandemia, o PP siga facendo unha utilización partidista dos medios públicos e utilizando a televisión pública como canle de publicidade e propaganda ao servizo do Executivo de Feijóo e do Partido Popular”.

Para ás forzas, “o dereito á información é un dereito fundamental que debe ser garantido en calquera situación e contexto, pero aínda máis en momentos de excepcionalidade”. Por iso “a decisión de censurar o debate parlamentario supón de facto unha vulneración dese dereito, porque impide o dereito das galegas e galegos a coñecer, contrastar e reflexionar sobre a acción política do Goberno da Xunta en relación á crise polo COVID-19 e, tamén, negar o acceso ás opinións, posicións e propostas dos distintos grupos parlamentarios”.

RESPONSABILIDADE

Por iso, os grupos parlamentarios solicitan á dirección da CRTVG “que actúe con responsabilidade de país, tendo en conta que se debe ao pobo galego e non aos intereses partidistas do PP” e esixen que facilite que os medios públicos galegos cumbran coa súa misión de servizo público “garantindo unha información de proximidade que respecte os principios de pluralidade, imparcialidade, neutralidade e veracidade informativa”.

SOLIDARIEDADE CO PERSOAL DA CORPORACIÓN

O persoal dos medios públicos galegos celebrou xa 98 “venres negros” / Defende a Galega

Para finalizar, as forzas políticas desexan trasladar a súa “solidariedade e apoio” aos traballadores e traballadoras da CRTVG “que tentan facer o seu labor con profesionalidade e rigor”, que que xa levan “98 venres negros” para denunciar a manipulación informativa “e en defensa dunha RTVG ao servizo da sociedade galega”.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

NACIONAL | El fascismo se infiltra en las universidades: los ataques a Joaquín Urías y la deriva ultraderechista en las aulas

El problema no es solo que la extrema derecha actúe con impunidad en las universidades,…

14 horas hace

NACIONAL | La pareja de Ayuso lleva un año ocultando información clave sobre la confesión de fraude fiscal

La defensa de Alberto González Amador reconoció haber compartido su confesión con la Abogacía del…

14 horas hace

El tatuaje de un balón y una corona: el pretexto de Trump para deportar a un venezolano

Una deportación sin pruebas basada en un tatuaje y un gesto de las manos El…

14 horas hace

NACIONAL | Empresas ‘desokupas’: condenas, juicios y delitos

La apertura de diligencias por delito de odio contra Daniel Esteve, líder de Desokupa, nos…

14 horas hace

Un embajador israelí amenaza con la pena de muerte a menores palestinos en Gaza en una grabación secreta

«Debería haber pena de muerte para adolescentes que sostengan una pistola o una granada», señaló.…

14 horas hace

15 millones respaldan en las primarias al líder opositor turco Imamoglu el día de su ingreso en prisión

El encarcelamiento de Imamoglu se convierte en un símbolo de resistencia política El alcalde de…

14 horas hace