Categorías: Galiza

O alcalde popular de Cabana utiliza o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate para facer unha exposición de manualidades como calceta e cestos

Entidades da Comarca de Bergantiños critican a «evidente falla de control» por parte da Deputación Provincial da Coruña ao permitir que este recinto de interpretación da prehistoria volva a ser utilizado estes días como «salón parroquial» dependente «dos caprichos e intereses» do rexedor cabanés José Muíño e o seu asesor cultural José Mª Varela nunha exposición de traballos manuais que en absoluto gardan relación co contexto prehistórico do monumento.

José Muíño Domínguez (PP), alcalde de Cabana de Bergantiños / youtube.es

Asociacións e colectivos como Salvemos Cabana, Petón do Lobo, Cova Crea, Ouriol do Anllóns e Chan de Borneiro consideran que unha vez máis o Dolmen de Dombate e o seu centro de interpretación veñen de converterse nun «punto negro» da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, ao considerar que esta instalación museística tería que estar «estrictamente vinculada» ao monumento que acolle e a súa época, constituíndo un referente do estudo e interpretación do período neolítico e non un mero instrumento ao servizo do interés electoralista do Partido Popular.

Así, apelan ao expresado no Convenio Europeo para a Protección do Patrimonio Arqueolóxico, que invita a estabelecer «procedimentos apropiados de control administrativo e científico» sinalando que a necesidade de protexer o patrimonio arqueolóxico debe quedar tamén reflectida «nas políticas de desenvolvemento cultural» e fai referencia a que hai aínda que debe asegurarse a apertura ao público de emprazamentos arqueolóxicos, hai que velar porque isto «non afecte negativamente ao carácter arqueolóxico e científico de tales emprazamentos e a súa contorna».

PROFESIONALIZACIÓN DO XACEMENTO

Doutra banda, as entidades insisten que ante esta situación, tolerada «dende fai anos» tanto polo ex-deputado provincial de Patrimonio Xesús Soto Vivero (BNG) como polos actuais responsables a fronte da área de Cultura a fronte da Deputación da Coruña, «urxe a transferencia á Xunta de Galicia do monumento na súa totalidade» e a incorporación dun equipo de profesionais «que saiba poñer en valor a entidade arqueolóxica do enclave e a relevancia que este debería ter dentro do contexto megalítico europeo».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

3 semanas hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

3 semanas hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

3 semanas hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

3 semanas hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

3 semanas hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

3 semanas hace