Categorías: Uncategorized

O Atlas da Enerxía revela que é posible unha xeración 100% renovable en Europa

 

Redacción Galiza | Amigos da Terra

Acabamos de publicar O Atlas da Enerxía, un novo estudo realizado xunto á Fundación Heinrich-Böll-Stiftung, a Federación Europea de Enerxías Renovables e a Fundación Europea dos Verdes, no que se revela que, a día de hoxe, Europa conta xa coa tecnoloxía necesaria para facer viable un sistema baseado en renovables.

Este novo informe, un resumo exhaustivo sobre a enerxía renovable en Europa, con datos de cada un dos países da Unión Europea, ratifica o espectacular avance da enerxía renovable no Vello Continente, e proxecta un crecemento aínda maior nas próximas décadas. O equipo de expertos a cargo do texto sinala que “coa tecnoloxía da que dispomos hoxe en día, os nosos sistemas enerxéticos, tanto luz como calefacción, poderíanse basear unha xeración 100% renovable. Xa contamos con ferramentas máis eficaces para almacenar a enerxía, conexións sectoriais e os equipos necesarios para responder á demanda do mercado ao longo do día”.

Unha Europa 100% renovable xa sería posible

As cidades e especialmente a “cidadanía enerxética”,  a xente que xa forma parte do novo modelo enerxético, seguen estando á vangarda desta transición, e iso é posible grazas á aposta por unha maior democratización e descentralización da enerxía. Hoxe en día case un milleiro de representantes políticos locais están comprometidos coa descarbonización das súas cidades para mediados de século. En lugares como Dinamarca e Alemaña, máis do 40% das tecnoloxías renovables teñen titularidade cidadá.

A pesar de que a senda das renovables avanza de forma imparable e que, na actualidade, dá máis traballo que o obsoleto sector do carbón, é precisa unha acción máis ambiciosa por parte das institucións europeas e os seus Estados membro. Outros países como China, EE. UU., Xapón ou Brasil hai tempo que tomaron a dianteira.

A enerxía comunitaria avanza en Europa

Molly Walsh, portavoz de enerxía en Amigos da Terra Europa, afirmou que “é indispensable que as persoas estean á vangarda nesta transición. Precisamente O Atlas da Enerxía mostra algúns exemplos de iniciativas cidadás e de comunidades que van por diante dos lexisladores europeos. E é que nestes momentos os políticos europeos teñen a posibilidade de priorizar o interese xeral por encima do dun puñado de empresas”. A nivel europeo, os Estados Membro teñen sobre a mesa diferentes documentos lexislativos, polo que este atlas chega no momento adecuado. Espérase que esta análise convide a reflexionar aos dirixentes e eviten, así, un cambio climático moi grave.

Héctor de Prado, o noso responsable da área de Clima e Enerxía, quixo remarcar que “resulta especialmente importante o rol en diversas frontes de determinados representantes españois durante estas negociacións, e espera que estean á altura da situación á que nos enfrontamos”.

Galiza

Somos a sección galega de Contrainformación.es. Actualidade, ecoloxía e opinión sobre a nosa terra.

Entradas recientes

A por Colombia y México: Trump vuelve a señalar a América Latina con la amenaza militar como método

El presidente de Estados Unidos recupera el lenguaje de la intervención armada y la coerción…

2 semanas hace

Dinamarca convierte el asilo en castigo

Cuando un Gobierno presume de cifras mientras normaliza la exclusión, el problema ya no es…

2 semanas hace

NACIONAL | Ribera Salud y el precio del silencio: cuatro despidos para proteger un negocio que juega con la salud pública

Cuatro directivos alertaron de una “vulneración de derechos” y la respuesta fue el despido fulminante.…

2 semanas hace

La caída de Sarkozy aún puede ser más profunda

El expresidente francés vuelve al centro del escándalo judicial mientras el relato de la impunidad…

2 semanas hace

NACIONAL | El médico denunciado por abusos vuelve a la sanidad pública gallega y el Sergas mira hacia otro lado

Un regreso que abre heridas y desvela un sistema que protege más al acusado que…

2 semanas hace

NACIONAL | A Feijóo se le pone cara de Casado

En el PP todo el mundo sabe qué ocurre cuando alguien cuestiona el poder sanitario…

2 semanas hace