A proposición non de lei sobre violencia sexual defendida pola deputada do BNG, Noa Presas acadou un acordo por unanimidade no Parlamento galego tras aceptar a deputada nacionalista unha transacción do texto. A través do acordo, o Parlamento galego comprometese a dirixirse ao Goberno central para:

a) Demandar a introdución no marco legal do concepto de consentimento para mellorar a tipificación e tratamento da violación e das agresións sexuais así como a consideración destes delitos como delitos de carácter público.

b) Impulsar a aplicación da directriz do artigo 36 do Convenio de Istambul que estipula que as autoridades deben adoptar todas as medidas necesarias para garantir que o sexo non consentido sexa tratado sempre coma un delito.

c) Modificar a definición estatal de violencia de xénero de acordo co Convenio de Istambul de forma que a violencia sexual sexa recoñecida como tal, como xa fixo a lei galega no ano 2007.

d) Desenvolver as actuacións legais de organización necesarias para que os delitos de violencia sexual sexan instruídos nos xulgados especializados de violencia machista, no caso de que o presunto autor non sexa menor, e transferir a Galiza os recursos orzamentarios necesarios para esta adaptación.

e) Avaliar no prazo de tres SEIS meses o funcionamento do Protocolo de Coordinación e Cooperación Institucional fronte á violencia de xénero respecto da violencia machista e as súas necesidades de mellora.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario