O BNG expresa a súa rotunda oposición á concesión das Medallas de Galiza que aprobará hoxe o Consello da Xunta, por considerar que as tres persoas ás que Feixóo quere distinguir con ese recoñecemento non representan ao país senón todo o contrario.
De feito, a maxistrada María Emilia Casas e os maxistrados Juan José González e Álvaro Rodríguez Bereijo mesmo negan o carácter de Galiza como nación e tamén se teñen destacado en contra da igualdade de dereitos, discriminando por razón da orientación sexual, e iso desde un cargo de tanta relevancia no ordenamento xurídico español como a Presidencia do Tribunal Constitucional.
En concreto, Casas presidía o alto tribunal e foi poñente da sentenza que anulaba unha parte substancial do Estatut en 2010, tachando de inconstitucionais 14 dos seus artigos nun fallo que recalcaba a “indisoluble unidade de España” negando de facto o carácter de nación das nacionalidades históricas como Galiza. Criterio tamén expresado por Rodríguez Bereijo cando se declara en contra da plurinacionalidade do Estado español.
Pola súa parte, o maxistrado González Rivas foi autor do voto particular en contra da Lei de matrimonios homosexuais que legalizaba as unións entre persoas do mesmo sexo, por considerar que “desnaturalizan” a institución do matrimonio.
Con este currículo, o BNG considera que ningunha destas tres persoas merece ser distinguida coa Medalla de Galiza, máxime cando o recoñecemento leva o nome da nación galega, a quen non representan e que, ademais, negan. Para a formación que lidera Ana Pontón trátase de tres nomeamentos que responden ao perfil ideolóxico máis rancio da dereita e do PP, pero que están nas antípodas do que é o sentir maioritario da sociedade galega.
Una investigación revela presiones federales, acceso a datos sensibles y sospechas de exclusión masiva de…
Ingenieros, directivos y empresas chocan por los límites éticos de una tecnología que ya marca…
No es un festival de música cuando se normaliza la guerra: es un escaparate blanqueado…
¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica…
La detención del activista en aguas internacionales convierte la ayuda humanitaria a Gaza en un…
Doce años de investigación terminan sin juicio y con demasiadas preguntas sin responder Ni absolución…