O Bloque Nacionalista Galego rexeitan o discurso do monarca Felipe VI, que volve a ser “a expresión desa visión uniformadora do Estado español” que está moi alonxado da realidade plurinacional e plurilingüe na que se conforma realmente.

Defendese no seu discurso do Nadal a Constitución como un «marco de convivencia» cando, «é xusto o contrario» tendo en conta que «nega a Galiza como nación, os nosos dereitos colectivos como pobo e a posibilidade de avanzarmos en democracia e en benestar social». Por outro lado, Rego ve un discurso “pretendidamente social impostado” que está “moi alleo e moi distante” da realidade social e aspiracións da sociedade galega.

Todo isto evidencia o anacronismo dunha institución como a monarquía que “é incompatíbel” cun sistema que queira ser democrático onde o xefe do estado debe ser elixido polo conxunto dos cidadáns e das cidadás.