Categorías: Uncategorized

O BNG denuncia a perda de 770 camas na sanidade pública durante os dez anos de goberno de Núñez Feijóo

Pese a que a ratio de camas por cada 1.000 habitantes de Galiza está por debaixo das recomendacións da OMS, o Goberno de  Feijóo volveu pechar camas no verán con consecuencias tanto desde o punto de vista laboral, como asistencial e de incremento das listas de espera.

A deputada Montse Prado / BNG

Un peche que a portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, considera forma parte da folla de ruta da Xunta do PP e da súa estratexia para seguir drenando recursos á sanidade privada.

“A pesares deste déficit estrutural, de novo este verán pecharon arredor de 1.000 camas nos hospitais públicos, unidades enteiras, igual que quirófanos e equipos de diagnósticos inoperativos ou baixo mínimos. Mentres, nos hospitais privados non se produce ese peche de recursos”, explicou Prado na súa pregunta ao conselleiro de Sanidade, denunciando que “sen listas de espera na sanidade e sen esa estratexia de deterioro non é posíbel engordar a sanidade privada e ese é o obxectivo que guía a súa actuación”.

É máis, subliñou a deputada, ao longo da década de goberno de Feixóo, Galiza perdeu un total de 770 camas, o 7% do total, “a cuarta comunidade que máis camas perdeu no conxunto do Estado”, un recorte que sumado á falta de persoal “ten graves consecuencias no eido laboral e asistencial”

Maior dificultade ao acceso ás prestacións sanitarias, a paralización da actividade cirúrxica, saturación das urxencias e dos PACs, aumento das derivacións á privada, sobrecarga de traballo, mestura de doentes con diferentes patoloxías, ingresados en plantas que non son da especialidade e polo tanto dificultade de atención por non estar  presentes na planta os especialistas. Son algunhas das consecuencias descritas por Prado.

O Bloque denuncia que un  país coas listas de espera como as que hai no Sergas non pode permitirse o luxo de estar baixo mínimos catro meses. “Como van compensar esa acumulación de listas de espera, van abrir todas as camas pechadas ou van facer o de todos os anos e aproveitar para deixar unha parte fóra de servizo?”, interpelaba Prado ao conselleiro de Sanidade, Jesus Vázquez Almuíña, sen obter resposta.

“Solucións hai pero non as aplican porque precisan manter as listas de espera o máis avultadas posíbeis para xustificar o drenaxe de doentes e orzamento para a sanidade privada”, denunciou a portavoz parlamentaria de Sanidade, empezando por non pechar camas no verán como medida puramente económica, nin quirófanos ou equipos de diagnósticos durante os meses estivais.

REALIDADE VS. PROPAGANDA

O que da lugar a situacións como as recollidas polos medios, como un doente encadeado no CHUS para que lle dean cita para un proceso de saúde iniciado en 2013, denuncias de esperas de máis de 800 días para unha consulta de uroloxía en Ferrol, ou as 700 intervencións das que están en lista de espera no CHUS.

No servizo de oncoloxía do CHUAC hai 450 TACs pendentes, na área de alergoloxía de  Ferrol un doente espera máis dun ano para ter cita, e no Salnés un doente que tiña pasar a revisión de cardioloxía en marzo deste ano e no mellor dos casos será  nove meses despois, enumerou Prado.

“Existe unha sanidade pública real en Galiza que non se corresponde coa sanidade da mentira e da propaganda do PP, que tenta convencer aos galegos  e galegas  dunha realidade virtual, que pouco ten a ver co que viven todos os días”, concluíu.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

2 semanas hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

2 semanas hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

2 semanas hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

2 semanas hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

2 semanas hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

2 semanas hace