Nas últimas semanas detectouse un empeoramento notábel do ribazo que sostén as vías da liña Ferrol-Betanzos ao seu paso por Cabanas, dado como consecuencia das choivas que se produciron un importante corremento de terras que afectou tanto a unha vivenda unifamiliar como ao paseo marítimo que bordea a praia da Madalena.

Ante a inexistencia de medidas de control sobre o ribazo podo provocar novos corrementos de terra, co conseguinte perigo para a estabilidade da estrutura da liña ferroviaria, como para as vivendas situadas baixo a mesma. O Bloque Nacionalista Galego preguntou ao Goberno mediante unha iniciativa parlamentara sobre as medidas de prevención para evitar un empeoramento da situación.