Categorías: Uncategorized

O BNG leva a pleno a situación da sanidade pública e do Hospital Povisa, a retirada de Ence da Ría e a situación de Galiza tras a tráxica vaga de lumes

A situación da sanidade pública volve protagonizar unha parte substancial dos temas que o BNG leva ao vindeiro pleno do Parlamento, de tal xeito que centrará a sesión de control ao presidente da Xunta  e unha proposición non de lei en relación á situación do Hospital vigués Povisa.

No primeiro caso, a portavoz nacional, Ana Pontón, preguntará a Feixóo como valora a situación do sistema público de saúde nun momento de mobilización xeneralizada dos profesionais sanitarios. En concreto, interpelará ao xefe do Executivo para que aclare se as plataformas de doentes, os colexios profesionais e as organizacións sindicais “menten cando denuncian o desmantelamento, os recortes e as privatizacións na sanidade pública”.

“É coma un coche que vai en sentido contrario na autoestrada e pensa que son os demais os que están equivocados”, ironiza a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, tras a Xunta de portavoces, en relación ao empeño do PP en proclamar que pese as denuncias e protestas de todos os colectivos sanitarios, a sanidade está nun gran momento.

En relación á situación de Povisa, o obxectivo é poñer “luz e taquígrafos” sobre o hospital vigués. “Pedimos unha auditoría para aclarar as contas e esiximos que a Xunta garanta a asistencia sanitaria pública das persoas que están adscritas a este centro así como os dereitos laborais do cadro de persoal, sen que iso supoña ceder á chantaxe dunha empresa que só busca aumentar a súa carteira de negocio”, explica Rodil.

O BNG tamén levará ao pleno a situación en que se encontra Galiza tras a tráxica vaga de lumes de fai un ano. “Queremos saber que fixo o Goberno da Xunta para evitar que algo así poida volver acontecer, porque vemos que o PP continúa coa política pirómana como demostra o Plan Forestal que pretende aprobar no que prevé un incremento das hectáreas de eucaliptos”, explica a viceportavoz parlamentaria.

A formación nacionalista tamén quere que o Goberno de Pedro Sánchez mova ficha en relación á factoría de ENCE en Pontevedra baixo a premisa de que debe saír da ría no prazo previsto e, por tanto, acabar coa “inmoral” prórroga aprobada polo Executivo de Raxoi.

“Estamos diante dunha oportunidade histórica para poñer fin a unha desfeita da ría perpetrada en Lourizán durante o franquismo e continuada despois, prórroga incluída. Estamos diante dunha oportunidade para iniciar unha nova etapa de respecto polo medio, de reconciliación coa contorna e de devolución a Pontevedra do que en xustiza lle corresponde”, argumenta o Bloque na súa PNL.

Entre as cuestións a destacar, a formación nacionalista tamén preguntará ao Executivo pola discriminación salarial que padecen as mulleres que traballan no servizo de limpeza da Xunta. “Unha muller que limpa o despacho de Feixóo cobra menos que un home só polo feito de ser unha muller”, denunciou Rodil, unha discriminación inaceptable que o BNG quere erradicar.

Galiza

Somos a sección galega de Contrainformación.es. Actualidade, ecoloxía e opinión sobre a nosa terra.

Entradas recientes

A por Colombia y México: Trump vuelve a señalar a América Latina con la amenaza militar como método

El presidente de Estados Unidos recupera el lenguaje de la intervención armada y la coerción…

2 semanas hace

Dinamarca convierte el asilo en castigo

Cuando un Gobierno presume de cifras mientras normaliza la exclusión, el problema ya no es…

2 semanas hace

NACIONAL | Ribera Salud y el precio del silencio: cuatro despidos para proteger un negocio que juega con la salud pública

Cuatro directivos alertaron de una “vulneración de derechos” y la respuesta fue el despido fulminante.…

2 semanas hace

La caída de Sarkozy aún puede ser más profunda

El expresidente francés vuelve al centro del escándalo judicial mientras el relato de la impunidad…

2 semanas hace

NACIONAL | El médico denunciado por abusos vuelve a la sanidad pública gallega y el Sergas mira hacia otro lado

Un regreso que abre heridas y desvela un sistema que protege más al acusado que…

2 semanas hace

NACIONAL | A Feijóo se le pone cara de Casado

En el PP todo el mundo sabe qué ocurre cuando alguien cuestiona el poder sanitario…

2 semanas hace