O deputado do BNG, Luís Bará presentou hoxe, ante os medios de comunicación a emenda á totalidade á Lei de Ordenación do Territorio que será debatida na vindeira sesión plenaria no Parlamento galego.

O deputado nacionalista apela  a un texto lexislativo de consenso entre a Xunta, concellos e sociedade e que non prime os “intereses dos grandes grupos económicos e as superficies comerciais”. Bará pide elaborar unha lei que “concilie a ecoloxía e a economía”.

Para a parlamentario nacionalista, as novas normas do Partido popular buscan a “simplificación administrativa” e pon por diante os intereses dos grandes grupos empresarias. Esta lei é unha lei de “destrución, degradación e desfeita do territorio”.

Entre as moitas eivas da lei, o deputado destacou: “o crecemento caótico das áreas urbanas e a desertización do medio rural”. As agresións medio ambientais con plantacións forestais de crecemento rápido, mesmo na Rede Natura e terreos agrarios, as políticas descontroladas das actividades extractivas, unha “lei da selva” en materia de residuos, a degradación da costa e do litoral e as agresións paisaxísticas enumeradas na estratexia  paisaxística aínda sen directrices.

Neste marco, dixo, o Parido popular, “en tempo de desconto ante ás eleccións galegas” está despregando un arsenal lexislativo e unha traca final do mandato. Tanto a lei de Ordenación do Territorio como a ambiental complementan á lei de emprendemento e competitividade  económica do ano 2013 e a do 2017 chamada de Implantación de iniciativas empresariais coñecida domo a “lei de depredación”.

Bará explicou que todas estas leis teñen en común e coa escusa da simplificación administrativa poñer por diante “os intereses de grandes grupos empresariais”. Son normas, dixo,  escritas para os grande lobys enérxeticos forestais, mineiros e das grandes superficies comercias.  A xuízo do deputado, as normas veñen envoltas “nun decorado e retórica enganosa” e disfrazadas de “harmonía territorial e desenvolvemento equilibrado, sostenibilidade e participación”. A verdadeira realidade desta lei é a figura dos “Proxecto de Interese Autonómico” (PIA), que ocupan 14 artigos da lei e supón “unha patente de corso” para que os grupos económicos poidan “arrasar e facer o que queiran no territorio galego”.

Cos PIA, recalcou Bará, pasan por riba da autonomía municipal e incluso non precisan licenza do concello, polo tanto na práctica é unha privatización e beneficios para a iniciativa privada como demostra “o pelotazo da cidade deportiva do Celta  de Mós que agocha a intención de implantar unha gran superficie comercial” .

Bará cualificou de “parálise e vagancia” a xestión do  Partido popular durante toda a lexislatura e agora ao remate, pisa o acelerador para deixar todo “atado e ben atado”. “O PP e Feixóo pretende morrer matando” e por iso pedimos a devolución da lei e buscar un texto que acade o consenso e atenda a todos os intereses e non só a unha parte. Debe ser unha lei que racionalice o usos dos solos e a auga e concilie  a economía coa ecoloxía.