A deputada do BNG pola provincia de Ourense, Noa Presas, pedíu «menos euforia e máis compromiso» ao Partido Popular. Após tres anos promentendo unha lei termal, agora, a Xunta de Galicia presentaa despois de que finalizara o período de exposición pública do anteproxecto.

Termas de Outariz, en Ourense / Wikimedia Commons

«Esta presentación evidencia a incapacidade de xestión e visión dun goberno esgotado e sen ideas para Ourense» sinalou Noa Presas. A deputada engadíu que esta é unha visión «reduccionista » do que é e do que pode chegar a ser o termalismo na provincia e na cidade de Ourense.

O Plan Termal 2014-2020 non supuxo ningunha modernización do sector nin contribuíu a resolver os atrancos para o impulso termal no país. Asemade, segundo sinalou Presas «é necesario un xiro de 180 graos ante ás políticas levadas a cabo polo Partido Popular».

Neste senso, o BNG solicitará unha avaliación económica para fiscalizar o grao de cumprimento e que se redacte un novo vinculado a súa redacción e avaliación periódica na propia lei.

O TERMALISMO, UN DEREITO PARA A POBOACIÓN

A formación frontista defenderá nas súas emendas propostas para que non sexa unha nova oportunidade perdida para o desenvolvemento económico e social. Para a formación nacionalista é necesario que se «blindar o acceso como un dereito público para a veciñanza e a participación social» recalcou a deputada. «O desenvolvemento non pode ser illado respecto da veciñanza dos concellos con acuíferos» indicou Presas.

Así mesmo, desde o BNG remarcou que: «estamos a falar da explotación do territorio e que polo tanto cómpre introducir medidas garantistas que para alén da iniciativa privada salvagarden a participación pública e o desfrute dos beneficios do termalismo como un dereito para os galegos e galegas».

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario