A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez pregunta ao goberno galego polas xestión realizadas para liberar ao patrón do buque “Cobija”, Pablo Costa, retido no Iemen dende hai 11 meses e nunha situación de emerxencia por carecer do necesario para cubrir as súas necesidades básicas.

A deputada vén de rexistrar diversas iniciativas e urxe á Xunta a realizar as xestións precisas para a liberarción do patrón, Pablo Costa. A estas alturas, e tras 11 meses retido, afirma a nacionalista,  descoñecemos as accións do goberno galego e si mostrou algún interese polo patrón e a súa familia.

Rosana Pérez explica que o 26 de setembro do ano 2020, o buque  “Cobija”  -inicialmente de bandeira boliviana e logo somalí- fondea, coa correspondente autorización do goberno iemení, no porto Al Mukalla dese país. Dende ese momento, once meses despois, aínda permanece alí, “ retido e  nunha situación  insostíbel”.

Tras ser acusado por Australia de pesca ilegal e retidos en Al Mukalla, foron xulgados e condenados a tres meses de arresto, que xa cumpriron.

A única persoa que foi evacuada do barco, engade a nacionalista, foi o primeiro oficial, de nacionalidade rusa, despois de poñerse en contacto co seu consulado. Pola súa parte,  “o patrón galego está a vivir unha situación límite”, co progresivo deterioro do buque e o seu aparataxe, falla de hixiene, atención médica, e mesmo alimentos e auga, ao que hai que sumar a  “inoperatividade manifesta do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación (MAEC) español” e a  Dirección Xeral de Españois no Exterior e Asuntos Consulares do MAEC) limitáronse, ata o de agora, apenas a facer chamadas telefónicas e a desembarazarse do caso mesmo recomendándolle ao patrón que buscase pola súa conta un avogado e un tradutor.

O patrón, Pablo Costas Villar  xa  solicitou ao goberno español a  súa repatriación e por parte das autoridades galegas tampouco recibiu, polo momento, ningunha solución.

Descoñecemos as actuacións, se as houbo,  levadas a cabo polo goberno galego para tratar de impulsar e facilitar a saída de Iemen do patrón galego do “Cobija”. Tampouco se mantivo contacto e apoio á súa familia, da que  permanece separado.

Dende o BNG urximos á Xunta a iniciar as accións necesarias para traer a Galiza, “san e salvo” ao patrón do Cobija, Pablo Costas Villar.

                       

             

DEJA UNA RESPUESTA