BNG | Redacción Galiza

O BNG pide ao SERGAS a retirada inmediata dun folleto informativo no que recomenda a denominada “marcha atrás” como método anticonceptivo ao que atribúe unha eficacia de entre o 73 ao 96%.

A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, considera “anacrónico e totalmente irresponsable” que desde a Administración pública se recomende a interrupción do coito como método para evitar embarazos non desexados, cando está demostrado que non é eficaz nin como método anticonceptivo, nin como método para evitar contaxios de doenzas de transmisión sexual e, ao mesmo tempo, condiciona negativamente as relacións sexuais.

A formación nacionalista chama a atención sobre o feito de que este folleto, que pode consultarse na páxina web do SERGAS, ten data nada menos que de abril de 2010, o que implica que a Xunta do PP leva case unha década recomendando métodos anticonceptivos que non resisten a máis mínima análise científica.  E non só chama a atención sobre o método de “coito interrompido” senón tamén sobre outros igual de dubidosos como o denominado método ogino, da temperatura basal ou de día fixos entre outros.

Segundo unha enquisa levada a  cabo pola Consellería de Sanidade entre máis de 6.000 nais galegas entre 2015 e 2016 un 20% dos embarazos foron non planificados.

Necesitamos tu ayuda para seguir ofreciendo Contrainformación. No queremos depender de bancos, publicidad o grandes empresas. Si te gusta lo que hacemos, invítanos a desayunar una vez al mes para que podemos seguir ofreciéndote nuestro trabajo
¿Prefieres hacer un ingreso directo? Aquí puedes hacerlo: Triodos Bank: IBAN - ES0714910001283000114479    

DEJA UNA RESPUESTA