<

p align=”right”>Encontro

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañada da deputada e Coordinadora de Acción feminista, Noa Presas, afirmou hoxe o “compromiso do BNG co feminismo” con dúas leis de impulso ás familias monoparentais e medidas contra a discriminación de xénero na educación e ámbito da investigación.

 

Pontón indicou que o 70% están impulsadas por mulleres e neste momento o 53% están ameazas por risco de pobreza, “unha taxa que aumentou dende o anunciou da fin da crise”. Dende o BNG impulsamos “unha lei pioneira” para o recoñecemento destas familias con medidas que pasan por: Axudas, poder escoller o centro de ensino para escolarizar aos fillos e fillas, cláusulas de apoio para a conciliación na negociación colectiva, deducións fiscais así como a ampliación  de recursos públicos para atender as súas necesidades. Ademais, “reclamamos a Xunta que impulse unha rede de escolas infantís, nun período de tres anos, incrementando en 8.000 as  prazas de 0 a 3 anos.

A educación, afirmou, é unha das ferramentas esencias para superar os prexuízos e as discriminacións de xénero e por iso propoñemos unha “reforma da Lei de Igualdade” no ámbito educativo e de investigación.

O 8 de marzo abriuse un debate sobre “a expulsión do talento das mulleres” da universidade e da investigación e nas carreiras profesionais, ben como docentes ou investigadoras as mulleres “son penalizadas polo feito de ser nais” como denunciou  recentemente a investigadora galega, María de La Fuente.

No marco actual, as cifras son elocuentes, “o profesorado universitario feminino non chega ao 40% e no sistema universitario galego, só o 23% das cátedras son ocupadas por mulleres”. Pero esta realidade recrúese ao tratarse da investigación, ámbito no que a presenza de mulleres líderes en proxectos de investigación nas empresas e centros tecnolóxicos  a muller ocupa o 15%  e nas universidades o 30%, estes datos, recalcou  confirman “unha fenda de xénero no coñecemento e na investigación”.

Propoñemos polo tanto medidas que favorezan a vocación científica e tecnolóxica das mulleres, dende os inicios no ensino, e medidas que acompañen cambios que impidan a discriminación en niveles superiores e nas universidades“, indicou Pontón. O cambio máis substancial é recoñecer por lei que ante a avaliación da traxectoria profesional nos intervalos temporais de maternidade, paternidade ou excedencias por coidado de fillos e fillas, “non sexan computados estes tempos para impedir a súa penalización”. Unha previsión que tamén debe ser contemplada nos casos de violencia de xénero.

Para Feixóo a igualdade é un xarrón que se pon encima dunha mesa”.

Pontón  denunciou  que  as  mulleres hoxe  temos “menos traballo e de peor calidade” que antes da  chegada de  Feixóo á Xunta. Durante os últimos tres anos a “fenda salarial incrementouse” situándose nalgúns sectores por riba do 30% e os recortes en política social e políticas públicas afectan de maneira moi sensible ás políticas de igualdade. Tras  a demanda multitudinaria das mulleres no 8 M temos a obriga de poñer enriba da mesa medidas para avanzar contra un “fosilizado” marco legal do Partido popular

A nacionalista denunciou que o Partido popular “non impulsou ningunha lei de igualdade e  as que puxo en marcha  foron leis restritivas dos dereitos das mulleres”. Estamos nun marco legal que se incumpre sistematicamente  e puxo como exemplo a  lei de Violencia sobre a formación do persoal da administración e da Xustiza.

Pontón lembrou que o BNG xa defendeu no Parlamento galego unha lei de igualdade salarial á que o Partido popular dixo non. Para a portavoz nacionalista, o  “PP é un tapón para que sigamos avanzando nos dereitos das mulleres”.

 

A sentenza da manada, “vergoñenta e violencia xudicial contra as mulleres”

Pontón referiuse a sentenza da Manada como “sentenza vergoñenta e violencia xudicial contra as mulleres” e anunciou que o BNG pedirá no Parlamento galego a reprobación dos xuíces autores de sentencias como esta así como unha reforma no marco legal contra os xuíces  que emiten sentencias machistas para seren “apartados da carreira xudicial”.

Pola súa parte, a deputada Noa Presas reafirmou que as medias presentadas polo BNG pretenden converter “en realidade o que agora é retórica” e despois do histórico 8 de marzo e ante a “parálise de Núñez Feijóo que nos dixo que tomaría nota” e non presentou ningunha medida ao respecto, dende o BNG presentamos as nosas propostas para que as institucións non permanezan alleas ás demandas da sociedade.

Presas insistiu na necesidade de reformar o marco legal en materia de igualdade para avanzar nun ámbito que leva “conxelado nove anos polas políticas regresivas  de Feixóo e o Partido popular”.

La entrada O BNG presenta dúas leis para impulsar as familias monoparentais aparece primero en Encontro.

Deja un comentario