O BNG vai a presentar nos próximos días unha Proposión non de lei para exixir ao Goberno español que a Galiza sexa incluída na estratexia de transición xusta nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos que Aragón, Asturias e Castela e León.

Exixirá tamén que sexa convocada a mesa de traballo sobre actuacións e convenios de transición xusta para As Pontes no mes de xaneiro de 2020 para iniciar actuacións que se definan e con compromisos orzamentarios correspondentes. Tamén pedirá que se convoque o órgano de xestión do convenio de transición xusta para As Pontes coa participación do Ministerio de Transición Ecolóxica, a Xunta de Galiza, o concello das Pontes, os sindicatos (CIG, CCOO e UXT) e a empresa Endesa.

O Bloque Nacionalista Galego rexeita que unha empresa como Endesa que explotou os nosos recursos naturais até esgotalos e que obtivo beneficios multimillonarios, pretenda cesar a actividade sen que haxa ningunha alternativa que garanta a continuidade do emprego nas Pontes e na comarca. O deputado do BNG, Néstor Rego, criticou que o Goberno español non teña previsto ningún plan alternativo de reactivación da actividade económica na comarca das Pontes a pesar de impulsar unha transición enerxética que en todo caso debe ser xusta socialmente. E iso implica a dotación dos recursos económicos necesarios para garantir novas actividades económicas.

O anuncio de Endesa de solicitar o cese da actividade vén de demostrar que esta empresa é a que marca a axenda e non as administracións públicas. Nin a Xunta de Galiza que actúa como mera espectadora, nin tampouco o Goberno español, que demostrou unha faltan absoluta de previsión e un desinterese lamentábel polo futuro dos máis de 800 traballadores e traballadoras directamente afectadas e de toda unha comarca que se verá gravemente perxudica polo peche da planta sen que existan alternativas, afirmou Néstor Rego.

Necesitamos tu ayuda para seguir ofreciendo Contrainformación. No queremos depender de bancos, publicidad o grandes empresas. Si te gusta lo que hacemos, invítanos a desayunar una vez al mes para que podemos seguir ofreciéndote nuestro trabajo
¿Prefieres hacer un ingreso por tu cuenta? Aquí puedes hacerlo: Triodos Bank: IBAN - ES0714910001283000114479    

DEJA UNA RESPUESTA