A través dunha proposición non de lei, o deputado do BNG, Luís Bará defendeu  hoxe na comisión de Ordenación do territorio, reformular o proxecto de acceso en sentido Ourense entre a N 525 e a autovía AG 53 en Dozón, mantendo  o vial de conexión e o paso a nivel entre o lugar de Mizoite  ás propiedades veciñais.

Por outra parte, tamén incluíu nas súas demandas, construír un dobre enlace de conexión cara a Ourense que “realmente dea unha solución ao problema” con medidas de seguranza viaria e de mellora dos accesos prevendo a construción dunha rotonda no entronque da N525 co novo vial de acceso á autovía.

No caso de non considerarse viábel a anterior alternativa, dixo o nacionalista, é necesario  redactar un novo proxecto para a construción do dobre enlace completo con saída e entrada cara Ourense entre a AG53 e a N525 en Dozón, situado noutro punto da N-525, concretamente “na recta á altura do dobre enlace en dirección  a Santiago xa construído no seu momento”. Neste punto, lembra o deputado,  “comeza a AG53 que conecta coa AP53”.

O parlamentario explicou que o pasado 4 de setembro foi publicado o anuncio para someter a trámite  o proxecto de trazado de actualización do proxecto de ramal de conexión entre a AG-53 e a N-525 en Dozón, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados. Para o deputado, o proxecto  presenta numerosas carencias e ten un impacto negativo na mobilidade e  seguranza viaria da zona polo que é necesario, “proxectar unha conexión dobre en sentido Ourense e Santiago así como facilitar os accesos ás vivendas e propiedades”.

A maiores, Bará reclama unha rotonda na N525 á altura do PK 275, para mellorar a seguridade viaria, facilitar o acceso á autovía e garantir unha mellor conexión  coas vivendas e as propiedades situadas a ambos lados na estrada.

O deputado reiterou que todas estas razóns fan indispensable reformar un proxecto que recibiu un gran número de alegacións da veciñanza polas dificultades para acceder ás vivendas a través dunha pista de vía de servizo  moi estreita e cunha gran pendente. “Esta pista obstaculiza o tránsito do tráfico pesado e  maquinaria agrícola e se ademais o ramal, no futuro, contará con dobre sentido mesturará o  tráfico” .

Bará asegurou que  entronque do ramal coa autovia e a N-525 nunha zona de “curva, con mala visibilidade e gran afluencia de tráfico”, son  problemas que se minimizarían cun entronque que contara cunha rotonda que permitirían o fácil acceso ás vivendas.

A proposición non de lei defendida polo deputado do BNG, Luís Bará foi rexeitada polo grupo maioritario  do Partido popular.

 

 

Necesitamos tu ayuda para seguir ofreciendo Contrainformación. No queremos depender de bancos, publicidad o grandes empresas. Si te gusta lo que hacemos, invítanos a desayunar una vez al mes para que podemos seguir ofreciéndote nuestro trabajo
¿Prefieres hacer un ingreso directo? Aquí puedes hacerlo: Triodos Bank: IBAN - ES0714910001283000114479    

DEJA UNA RESPUESTA