Categorías: Uncategorized

O BNG traslada ao parlamento o retraso nas obras de saneamento no concello de Carnota

BNG | Redacción Galiza

O BNG trasladou ao Parlamento o longo retraso acumulado nas obras de saneamento na localidade do Pindo no Concello de Carnota, o que deriva nun problema de saúde pública, ambiental e mesmo de imaxe nun municipio que ten unha gran actividade turística pois conta con dous dos reclamos do patrimonio natural máis importantes e valiosos de Galiza como é a fervenza do Ézaro e o Monte Pindo.

“Parécenos bochornoso, escandaloso, vergonzoso, que a obra estea aínda sen rematar, entendo as dificultades, pero tras o tempo transcorrido é incomprensible que estean sen finalizar, e de aí a mobilización veciñal ante unhas verteduras que son moi preocupantes”, salientou o deputado Luís Bará, portavoz do BNG na Comisión de Política Territorial, mentres mostraba imaxes deses vertidos ao director de Augas de Galiza, Roberto Martínez a quen pediu explicacións polas obras.

“Nesta zona hai grandes carencias de saneamento que podemos ver nesas verteduras, recalcou,  entendemos a complexidade orográfica da costa pero o proxecto de saneamento do Ézaro e do Pindo está licitado por Augas de Galiza desde 2008, e tras dez anos as obras seguen sen rematar coas graves consecuencias sanitarias e ambientais e tamén de impacto en relación ao turismo”, subliñou Bará.

O propio responsable da empresa pública admitiu na súa comparecencia a  “inusual” demora da obra, incluso cando pese a tratarse dunha infraestrutura complexa. “A veciñanza de Carnota xa se lle acabou a paciencia, despois de que en Outubro o alcalde, o nacionalista Ramón Noceda, mantivese un encontro coa Xunta se recibir un prazo concreto de finalización das obras”, indicou Bará.

“Somos conscientes de que se trata dun colector longo, que vai por toda a costa até chegar a EDAR de Carnota á altura de Quintas e Caldervacos, pero estamos no mes de abril e o problema sen resolver, un problema de saúde, contaminación e imaxe con vertidos de fecais da rede antiga porque non hai un colector no que verter. Hai un problema grave para a saúde que mesmo deu pé a denuncias no Seprona e ante a Fiscalía pola calidade das augas”, salientou o deputado, a quen o responsable de Augas de Galiza lle comunicou que as obras estarían rematadas “en semanas”.

Nada concretou sen embargo a Xunta en relación aos problemas de saneamento na parroquia de Lariño, pola que tamén interpelou o deputado do Bloque, pese a que a mesma Augas de Galiza ten un proxecto cun orzamento superior aos 900.000 euros desde 2010. Bará reiterou a demanda de que finalicen as obra dunha vez para solventar o problema de saneamento no Concello de Carnota, como demanda o goberno local e a veciñanza, ao tempo que reclamou da Xunta un fondo  con criterios claros para que os municipios podan sufragar obras de saneamento, como teñen as deputacións da Coruña e Pontevedra.

Galiza

Somos a sección galega de Contrainformación.es. Actualidade, ecoloxía e opinión sobre a nosa terra.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

4 meses hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

4 meses hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

4 meses hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

4 meses hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

4 meses hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

4 meses hace