Categorías: Uncategorized

O comité de empresa de Emerxencias 112 denuncia o desleixo do Goberno Feijóo para protexer ao persoal do servizo fronte ao coronavirus

O comité de empresa do CIAE 112 denuncia a “falta de responsabilidade con este servizo por parte da Xunta” que, ao seu entender, “deixa patente a indiferenza da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) coas persoas que todos os días vimos traballar para sacar adiante as emerxencias do país”. Denuncia ademais que nin sequera se atenderon as súas propostas preventivas, que permitirían garantir, en caso de contaxio, que o servizo continuase funcionando para atender todas as chamadas das e dos usuarios.

Segundo explican, na central onde se atopan o 112 e o 061 traballan arredor de 50 persoas por quenda entre os dous servizos, nun lugar onde non hai fiestras e compartindo todo o espazo. Entenden que debería ser “prioritaria a máxima precaución para evitar o contaxio que se puidera dar entre o persoal, en caso de haber algún positivo no COVID-19”.

PROPOSTA DE MEDIDAS PREVENTIVAS

Porén, ante a “inacción” por parte da Xunta de Galicia, propoñen varias medidas preventivas, “xa que unha situación extraordinaria require solucións tamén extraordinarias”.

A súa primeira proposta é restrinxir o acceso á central só as persoas que se viran na obriga de traballar presencialmente, fomentando o teletraballo para o resto da plantilla (administración, prensa, formación…), evitando así riscos innecesarios.

Xunto a isto propoñen dividir o persoal que traballa en cada quenda, en dous grupos independentes entre si entre as salas de San Marcos e A Estrada, para reducir á metade o risco de contaxio. En todo caso, ante a información de que habería unha terceira sala na Estrada, demandan que se acondicione de inmediato para poder garantir a separación neses dous grupos.

FALTA DE INFORMACIÓN

O comité asegura que descoñece se está feita a avaliación de riscos. “Sabemos que hai un plan pero descoñecemos os pormenores do mesmo”, explica a presidenta do comité de empresa, Isabel Moares. Como tampouco saben como está de avanzada a posibilidade de teletraballar en caso de que a situación así o requirira e, no caso de haber un positivo, tampouco saben como terían que actuar, nin que prevé facer a AXEGA de se producir esta situación.

A sensación que hai, segundo Moares, é que semella que a administración se está deixando levar polos acontecemento e tomando as decisións en función disto, cando o que tiñan que facer era “tomar as medidas precisas nunha situación tan delicada”.

A presidenta do comité asegura que levan días reclamando información e todas as medidas preventivas necesarias para evitar contaxios e corentenas que mermarían o servizo. Lembra que “estamos a falar dun traballo especializado que non podería desenvolver ningunha persoa sen preparación previa, algo imposible de facer neste intre. Aínda así, recibimos o silencio por resposta”.

Por iso consideran que hai “falta de responsabilidade” con este servizo por parte da Xunta de Galicia, o que “deixa patente a indiferenza da AXEGA coas persoas que todos os días vimos traballar para sacar adiante as emerxencias do país. Non importan as persoas, impórtalles quedar ben diante da prensa”.

Conclúen cualificando de “insultante” e “improcedente” o comentario do Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, cando estivo, xunto co vicepresidente da Xunta, paseando pola central, por afirmar “tranquilos que nos imos contaxiar todos”.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

3 meses hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

4 meses hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

4 meses hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

4 meses hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

4 meses hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

4 meses hace