Categorías: Galiza

O Comité Intercentros da CRTVG denuncia a instrumentalización da cadea pública a prol da mina de Touro e esixe o cese de Alfonso Sánchez Izquierdo por permitir outro «inaceptable episodio de manipulación informativa»

O colectivo secunda a denuncia da veciñanza de Touro e O Pino sobre a utilización da Televisión de Galicia a favor dos intereses de Cobre San Rafael -filial de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas-, unha tríada que dende hai anos pretende reabrir o proxecto da mina de Touro, un proxecto que consideran «pode ter consecuencias imprevisibles para as comarcas de Arzúa e Santiago e a ría de Arousa».

Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG.

Por este motivo, a representación unitaria do persoal da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) apoia a reclamación de dimisión do Director Xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo «por este novo e inaceptable episodio de manipulación informativa, contrario aos principios de obxectividade, imparcialidade, veracidade, e  neutralidade informativa nos que  se debe  inspirar a actividade de comunicación audiovisual da Corporación».

O Comité Intercentros da CRTVG califica de lamentable o episodio de manipulación informativa acontecido o pasado 10 de marzo nos informativos da Televisión de Galicia.

O Comité Intercentros denuncia que tal como fixo constar a Plataforma veciñal Cornado Mina Non na reclamación presentada ante o organismo, o pasado 10 de marzo tivo lugar unha «utilización descarada dos medios públicos» na que a TVG presenta como un «proxecto sostible» o anuncio da empresa Cobre San Rafael dun investimento en restauración de augas, cando en realidade esta actuación parte da obriga que a Dirección Xeral de Enerxía e Minas impuxo a Explotaciones Gallegas como propietaria dos terreos da mina de Touro en 2018, logo de máis de 30 anos de abandono das súas obrigas legais.

«Ao mesmo tempo, a TVG silencia as voces autorizadas de organizacións como ADEGA ou a Sociedade Galega de Historia Natural e as fundamentadas queixas da veciñanza, na denuncia dun proxecto que xa foi maioritariamente rexeitado tanto pola cidadanía como pola Administración pola súa inviabilidade técnica e ambiental» -recordan dende a organización-.

Para rematar, o Comité Intercentros fai un chamamento aos poderes públicos «a ter a determinación necesaria para poñer fin, dunha vez por todas, á noxenta manipulación informativa na CRTVG», polo que claman polo «inmediato cesamento» de Alfonso Sánchez Inquierdo e a designación por unha maioría cualificada do Parlamento galego dunha nova Direccion Xeral «que garanta os valores do pluralismo, a veracidade e o acceso a fin de contribuír á formación dunha opinión pública informada, como alicerce dunha sociedade verdadeiramente democrática».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

La Costa da Morte, al límite: el parque eólico Rego do Lobo la agrava sobresaturación de proyectos energéticos en territorio gallego

El proyecto de EDP Renovables pretende instalar aerogeneradores de 200 metros de altura en punta…

21 minutos hace

Viajar a Egipto en la era digital: entre la historia milenaria y la dependencia tecnológica

Egipto es uno de esos destinos que parecen pertenecer a otro tiempo. Sus pirámides, templos…

6 días hace

Orbán cae tras 16 años y deja en evidencia el fracaso estructural de la extrema derecha europea

Hungría vota contra un régimen construido sobre poder absoluto, corrupción y captura institucional El 12…

6 días hace

Y otra derrota para Trump en el tablero global

Estados Unidos exhibe más debilidad que poder en su estrategia de control del Estrecho de…

6 días hace

NACIONAL | Juicio a Ábalos en el Supremo: corrupción, pandemia y poder en el corazón del Gobierno

Un caso que arranca con las primarias del PSOE en 2017 y desemboca el 7…

6 días hace