Categorías: Uncategorized

O Comité Intercentros da CRTVG denuncia o «secuestro» dos medios públicos por parte do Goberno de Feijóo e a conivencia de Alfonso Sánchez Izquierdo coa manipulación informativa do PP

A representación do persoal da corporación pública lamenta que se esté a utilizar mesmo a cobertura da pandemia para facerlle a precampaña ao presidente da Xunta e alertan de que «a manipulación irá a máis» pola proximidade das eleccións autonómicas.

O colectivo, que esta semana retornou a súa actividade logo da alteración laboral provocada pola crise sanitaria esíxelle ao Partido Popular «que libere dunha vez por todas» aos medios públicos de comunicación «do secuestro ao que os ten sometido dende hai anos».

Asemade, os representantes das traballadoras e traballadores da radio e televisión galegas lamentan que o director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, así como os responsables dos servizos informativos «antepuxesen unha vez máis os intereses do Partido Popular ao dereito da cidadanía a acceder a unha información veraz e plural», xa que a cobertura da pandemia provocada pola COVID-19 foi, en opinión do Comité «un irresponsable e trapalleiro exercicio de precampaña electoral ao servizo do candidato Alberto Núñez Feijóo».

Para o grupo, dende o inicio da crise as estratexias de manipulación informativa que se foron sucedendo nos telexornais e outros programas baseáronse fundamentalmente en criticar e desprestixiar a xestión da pandemia por parte do Goberno do Estado louvando e enaltecendo ao mesmo tempo as actuacións da Xunta de Galicia en mans do Partido Popular.

Segundo indican, neste senso, durante moitos días os telexornais «semellaron ser unha emenda ás decisións do Goberno central», empregando a técnica de contestar nas pezas informativas con declaracións críticas as intervencións do presidente do Goberno central.

Así, por exemplo, a través da reiteración de enunciados como «Galicia reforza o material sanitario», «temos a taxa de letalidade máis baixa de España», «a Xunta continúa cos test diagnóstico», «o ministerio valora a posibilidade de deixar sair aos nenos, como propuxo o domingo pasado Feijóo» ou «o Goberno segue traballando», pretendeuse transmitir a imaxe de que en Galicia «todo vai ben porque goberna o Partido Popular» mentres no resto do Estado «a situación é de caos».

Para o Comité Intercentros, ao mesmo fin atendeu «a xa trillada estratexia de silenciar aos partidos da oposición, que estiveron prácticamente desaparecidos durante o confinamento máis severo» e «a mesma ocultación padeceron nos informativos da Televisión de Galicia e Radio Galega aqueles colectivos, organizacións ou agrupacións de traballadoras que mantiveron durante este tempo unha posición crítica coa xestión da Xunta, xa fora denunciando a falta de medidas de seguridade, de organización e contral, ou demandando máis persoas el máis medios para facerlle fronte ás consecuencias do coronavirus».

Dende a entidade apuntan que «resulta especialmente grave» que a dirección do ente público galego «se atrevera a aproveitar mesmo este importante problema sanitario para favorecer coma sempre ao Partido Popular» cando «nunca foi tan necesaria unha información de servizo público, veraz, plural e contrastada para informar aos galegos e galegas nun momento de incerteza onde o que se precisan son medios fiables que informen, formen, acompañen e entreteñan, pero sempre desde o rigor».

Neste contexto, que califican de «manipulación descarada e grotesca», o Comité Intercentros alerta de que «estas prácticas irán si é posible mesmo a máis» logo da convocatoria das eleccións autonómicas previstas para o vindeiro 12 de xullo, polo que, en representación da plantilla da CRTVG, préganlle á cidadanía en xeral e aos partidos políticos en particular «que denuncien por todas as vías posibles estas prácticas de corrupción incompatibles coa democracia» e instan a defender a necesidade de recuperar os medios públicos do secuestro do Partido Popular».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

2 semanas hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

3 semanas hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

3 semanas hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

3 semanas hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

3 semanas hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

3 semanas hace