Categorías: Galiza

O Concello de Touro ordena á «Asociación Plataforma de Traballadores Mineiros Touro-O Pino» que retire os seus carteis do mobiliario urbano por carecer de permiso

Jesús Martínez Pereira, alcalde de Touro en funcións, respostou a unha solicitude de información presentada en agosto que o concello ordenou ao grupo da mineira a súa retirada por non ter «a preceptiva autorización municipal».

O Concello de Touro rexeita a ocupación do mobiliario urbán por parte da asociación creada pola contorna da mineira.
Segundo relatan testemuñas presenciais, os carteis a favor da mina de Touro foron colocados durante o verán por persoal vinculado a Cobre San Rafael, chegando incluso a utilizar os vehículos da empresa a plena luz do día.
Notificación do alcalde en funcións esixíndolle á asociación da mineira a retirada da súa cartelería.

Estes feitos provocaron a indignación de moitas veciñas e veciños de Touro que viron como, logo de cancelar a Xunta o proxecto pola súa inviabilidade técnica e ambiental, estase a intentar reflotalo a calquera prezo por parte de Explotaciones Gallegas e Atalaya Mining, promotoras dunha nova explotación a ceo aberto a través de Cobre San Rafael.

O novo intento da extractiva viu da man da «Asociación Plataforma de Traballadores Mineiros Touro-O Pino», que está a servir de ferramenta aos impulsores da mina para crear división social na veciñanza. Neste senso, dende a agrupación veciñal Cornado Mina Non sinalan que a suposta plataforma está claramente «vinculada á empresa promotora do fallido proxecto e dirixida por enxeñeiros e outro persoal do sector extractivista» procedente de diferentes partes da península.

Dende o colectivo veciñal advirten que a empresa promotora utiliza esta entidade instrumental co obxectivo de presionar á Xunta e favorecer a reactivación dun proxecto «inviable e insostible segundo os técnicos da administración galega» empregando as súas accións para provocar de forma intencionada «un conflito social e fragmentar á sociedade».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

2 semanas hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

2 semanas hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

2 semanas hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

2 semanas hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

2 semanas hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

2 semanas hace