O Concello de Vigo renderá homenaxe de forma permanente aos 49 falecidos (45 nenos e 4 adultos), integrantes dunha expedición escolar viguesa, que perderon a vida no río Órbigo hai 40 anos, cunha placa que se colocará na ‘lonxa’ municipal.
Segundo informou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, o vindeiro mércores, ás 16,30 horas, descubrirase esa placa, na entrada do consistorio, e realizarase unha ofrenda floral, de forma simultánea co acto que se celebrará, á mesma hora, en Santa Cristina de la Polvorosa (Zamora), e ao que acudirán os edís vigueses Olga Alonso e Ángel Rivas.
«Queremos que sexa un acto de conmemoración, para transmitir a nosa dor, recordo e respecto», apuntou o rexedor, quen confirmou que, nesta homenaxe, participarán profesores do colexio Vista Alegre, de onde eran os alumnos e docentes que faleceron no accidente de autobús.
O sinistro produciuse sobre as 16,30 horas do 10 de abril de 1979, cando o autocar no que viaxaban case 60 persoas, e que regresaba dunha viaxe escolar a Madrid, chocou contra o muro dunha ponte e precipitouse ás augas do río Órbigo. No accidente morreron 45 nenos e 4 adultos.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…