O Informe de Fiscalización do Consello de Contas da Conta Xeral das Entidades Locais constata o infrafinanciamento ao que están sometidos os concellos galegos. O informe sinala con respecto as sete cidade galegas que o seu ingreso por habitante representa o 88,71 por cento da media española, mentras que o seu gasto por habitante representa o 87,57 por cento. Ditas cifras son das máis baixas do conxunto do Estado so superadas polas cifras de 3 comunidades autónomas.

Son cifras similares nos concellos de entre 20.000 e 50.000 habitantes onde os 15 concellos galegos neste tramo rexistran un ingreso por habitante do 90.98 por cento mentras que o seu gasto representa o 93,26 por cento da media estatal. Para o grupo de En Marea é sorprendente que diante desta realidade o goberno de Feijoo non tivese ningunha iniciativa política para impulsar un cambio no sistema de financiamento local que actualmente discrimina aos concellos galegos.

No ano 2014 aprobouse por unanímidade un acordo para demandar o cambio do modelo do financiamento pero por parte da Xunta de Galicia mirou para outro lado sin plantexar esa tan necesaria reforma. Así ano tras ano os concellos teñen que dar servizos á cidadanía en piores condicións que as da maioría dos concellos do Estado.

O goberno galego tampouco tratou de paliar esa diferencia a través dos seus propios mecanismos de financiamento como observamos na pobre aportación da Xunta de Galicia no Fondo de Coperación Local e nas trasferencia de capital.

Estamos “unha vez máis un goberno ausente e sin peso político, que non ten iniciativa política cando se trata de defender o país” asegurou o voceiro de En Marea, Luís Villares quen sinalou que a reforma do financiamento local debe de ser unha das prioridades e das principais demandas ao Goberno do Estado.

O vicevoceiro Antón Sánchez pola súa parte lembrou que “os concellos prestan servizos e necesidades fundamentais como administración de cercanía, nomeadamente no eido dos servizos sociais e as súas necesidades financeiras deben de ser atendidas con suficiencia”.

Deja un comentario